Skip to Content

Novas

ACTIVIDADES AVALIACIÓN DE EDUCACIÓN FÍSICA 5º E 6º_GRUPOS JUAN RAMÓN E TONI

ACTIVIDADES AVALIACIÓN DE EDUCACIÓN FÍSICA 

5º E 6º_GRUPOS JUAN RAMÓN E TONI 

Bos días familias.

Seguindo ás adaptacións da programación recentemente publicadas na web do centro, detallamos a continuación como poderá conseguir o alumnado de Educación Física que se lle sume á nota un 20% extra.

MOI IMPORTANTE: Tedes toda a información no documento pdf ao que podedes acceder neste enlace. É de lectura obrigatoria.

Para intentar axudarvos na búsqueda de información vos poñemos aquí os enlaces, pero recordade que tedes que ler o archivo pdf para saber o que tedes que facer. Elixide o que prefirades, non tes que facer todos os exercicios de cada vídeo, só un dos exercicios de cada un. O que vós queirades.

EXERCICIOS E ENLACES DE EXERCICIOS XA REALIZADOS DURANTE O CONFINAMENTO

Prancha sobre antebrazos: enlace 

Skipping_ carreira elevando xeonllos: enlace

Sentadilla na parede ou wall sit: enlace 

Coordinación pernas: enlace

 Flexibilidade: enlace

RECORDA: Estes son os enlaces para intentar axudarvos pero é obrigatorio que leades ben as instrucións que aparecen no pdf sinalado máis arriba. Póñévolo outra vez aquí: enlace

Se non recordades algúns dos exercicios podedes mirar este enlace  onde vos aparecen todos os exercicios realizados ata o de agora.

Un abrazo para todos e recordade que hai que mandar os vídeos e fotos antes do 5 de xuño. Pasádeo moi ben pero adicádelle un pouqiño de tempo a estas tarefas. 

Toda a información que se publiuqe dende agora farase na páxina NOVAS do blog de EDUCACIÓN FÍSICA da páxina web do colexio.

Instrucións avaliación 1º curso

Instrucións avaliación 2º curso

condición física_ Conociendo los parques de Carballo

ACTIVIDADE CONDICIÓN FÍSICA PARA A SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

Bos días rapaces e rapazas.

Esta semana vos propoñemos dous traballos moi parecidos pola duración das actividades pero diferentes na maneira de elixir o exercicio que teredes que realizar.

O primeiro deles é unha continuación do da semana pasada e coñeceremos algúns dos parques que hai en Carballo á vez que se fan uns exercicios de resistencia e forza.

Forma de traballo: elixes o nivel: 10,20 ou 30 repeticións e descansas 10, 20 ou 30 segundos entre cada exercicio.                            

Na segunda opción, o exercicio elíxese xogando a pedra papel tixeira

Esperamos que vos gusten e que esteades pasándoo cada vez mellor coa vosa familia e amigos aínda que sexa a distancia.

Un abrazo enorme para todos e recordade que tedes outras actividades no calendario deste enlace.

Actividades condición física_ "derrubando muros con pintura"

Actividade condición física_ "derrubando muros con pintura"

Ola a tódalas familias. Seguimos avanzando e cada vez podedes facer máis cousas, alegrámonos por vós e esperamos que esteades todos moi ben para poder disfrutalo.

Esta semana, ademais das actividades que xa tedes propostas neste enlace podedes facer unha tarefa que está relacionada cun proxecto do concello de Carballo que se chama "Derrubando muros con pintura". 

Sabedes que por Carballo adiante hai moitos murais pintados nos muros e mesmo no colexio hai uns cantos. Pois ben, partindo no colexio imos ver algunhas das obras e en cada unha faremos un exercico de condición física. Así, ademais de mellorar a nosa forma coñecemos mellor a nosa vila.

Este é o enlace se queres velo na páxina real. enlace

Se premes no "i" de información poderás ver as regras. 

Un abrazo moi forte dende o departamento de educación física

Distribuir contido


by Dr. Radut