Skip to Content

Novas

Actualización_vídeos campionato fútbol sexto

Xa empezou o campionato de fútbol de sexto de primaria. Moi pronto poderedes ver vídeos dos partidos.

IMPORTANTE:Os vídeos poden tardar algo en cargar. No navegador Chrome vense perfectamente. Se usades Safari( Mac) probablemente non os poidades visualizar.

Deixámosvos un aperitiviño para comezar. 

Tráiler oficial :)

 
Equipo azul-equipo gris_ 02 de marzo de 2020
  
 
Equipo azul-vermello_14 de febreiro de 2020
 
 
Equipo laranxa-gris_14 de febreiro de 2020
 
 
Equipo azul claro-gris_19 de febreiro de 2020
 
 
Equipo laranxa-azul escuro_19 de febreiro de 2020
 

Comezamos a unidade de saltar á corda

Durante este mes imos traballar unha unidade didáctica de salto á corda. O voso obxectivo final será realizar unha rutina individual e outra en grupo na que haberá uns exercicios obrigatorios que teredes que incluír.

Podedes ver abaixo uns vídeos dalgunhas rutinas feitas por escolares do colexio en anos anteriores

Exemplos de Rutinas de equipo do ceip Fogar de anos anteriores.                      
Exemplos de Rutinas individuais do ceip Fogar de anos anteriores
Para que poidades practicar e aproveitar mellor o tempo no pavillón, será necesario que miredes na casa os vídeos dos diferentes trucos que teredes ou podedes aprender. 
Non é necesario que os vexades todos, só os que non coñezades. Son moi curtos, 10 ou 15 segundos para cada exercicio que se repiten, varias veces, no mesmo vídeo.

Déixovos unha lista cos vídeos para que poidades acceder. Como vedes son moitos e ocuparían moito espazo.

Un consello, clica co botón dereito e elixe en "abrir en nova ventana

IMPORTANTE: se xa tivestes a primeira sesión comigo de cordas( 6ºA,6ºB, 6º D e 6ºC), para o seguinte día tedes que mirar estes vídeos: "15 pato herido", "16 de punta a punta", "17 skipping","18 cruce de brazos continuo by buyjumpingropes","26 virtuosa","29 skater", "32 vuelta completa 360º".

Vídeos

01 atrapar cuerda y atrapar cuerda después de salto.mp4

02 salto básico-doble salto-by canskip.mp4 

03 correr en sitio-by canskip.mp4 

04 correr por el gimasio-estudiantes fogar ceip fogar.mp4 

05 salto velocidad-un salto-by canskip.mp4 

06 saltos con 1 pie-by Dimis Karao.mp4 

07 esquiador-progresion-by punkrope.mp4 

08 la campana-by canskip.mp4 

09 jacks-by Dimis Karao.mp4 

10 molino lateral primer plano y molino con salto en mismo vídeo.mp4 

11 tijeras-by canskip.mp4 

12 dando hacia atrás-by Dimis Karao.mp4 

13 la barca-alumna ceip fogar.mp4 

14 la caja-by canskip copia.mp4 

15 pato herido-by jumping rope.mp4 

16 punta a punta-by canskip.mp4 

17 skipping-by canskip.mp4 

18 bcruzar brazos continuo-ceip fogar.mp4 

18 cruzar brazos continuo-by buyjumpropes.net_.mp4 

20 180º-cuerpa-jumping rope.mp4 

21 360º-jumping rope-movavi-cuerda.mp4 

22 twister-by canskip.mp4 

23 can can by punkrope-editado.mp4 

25 dos por debajo-perico-alumno-ceip fogar.mp4 

26 virtuosa-alumna ceip fogar-subir.mp4 

27 boxeador-by Dimis Karao y jump rope dudes.mp4 

28 rocker-by pedancer 100 y MAckencie Cotton.mp4 

29 skater-by Dimis Karao .mp4 

30 de adelante a atrás-by Dimis Karao .mp4 

31 X jacks-by Dimis Karao .mp4 

32 vuelta completa 360-by jumping rope.mp4 

Para os exercicios de parellas e de corda longa non vou subir vídeos a non ser que mo pidades. Teredes fichas no pavillón con imaxes que, creo, seranvos suficientes para poder practicar.

RUTINA

A explicación das diferentes rutinas farase na clase o primeiro ou segundo día da unidade e a partir dese momento xa poderedes traballar nela.

Clicando na imaxe podedes ver un caderno (pdf) no que se explica todo o proceso. Non tedes que descargalo nin miralo( só os que non prestedes atención durante a explicación). Vou facer algúns cambios nel. 

Se queredes ter unha ficha na que ver o voso progreso ou ir tachando tódolos trucos xa dominados, podedes descargar este pdf, imprimilo e traelo a clase .

 

Se queredes ver todos os exercicios nnunha folla e cunha brevísima explicación, premede na imaxe

se queres un pequeno cuadernillo con algúns exercicios un pouco máis explicados, premede na imaxe

Se queredes levar o progreso dos exercicios de corda longa, podedes descargar e imprimir o documento pdf que veredes facendo clic na imaxe.

buscando casa / Musical chairs dance

Durante o mes de Xaneiro, os rapaces e rapazas de segundo A e de segundo B xogaron a "buscando casa", "buscando cadeira" ou  "musical chairs game" como se lle chama nese proxecto.

Aquí tedes un vídeo onde podedes ver ao alumnado destas clases.

 

 

información intercomarcal campo a través 2019-2010

CAMPIONATO INTERCOMARCAL CAMPO A TRAVÉS 2019 / 2020

Resultados da carreira disputada o día 18 de xaneiro en A Coruña. Preme aquí

Publicamos a documentación que nos chegou dende deporte escolar coa información sobre a carreira que se disputará o día 18 de xaneiro en A Coruña.

Día da carreira:18 de xaneiro de 2010(sábado)

Lugar:  Parque dos Menhires ( A Coruña)

As categorías nas que vai participar o colexio son:

Alevín feminino. Son os estudantes nados nos anos 2010-2009

Infantil masculino e feminino. Son os estudantes nados nos anos 2008-2007.

Hora de recollida de dorsais: dende as 9:45 ata o final da xornada.

Os horarios aproximados para cada proba son os que seguen:

 

HORA

CATEGORÍA

DISTANCIA

10:50

Alevín feminino

1.150 m

11:10

Infantil feminino

1.900 m

11:25

Infantil masculino

1.900 m

 

MOI IMPORTANTE: Os horarios a veces non se cumpren polo que vos aconsellamos que vos acerquedes á zona de saída 15 ou 20 minutos antes para escoitar cando fan a chamada para a carreira dos vosos fillos e fillas. Os rapaces e rapaces poden aproveitar para facer o último quencemento.

Recordade que non hai bus e que non vai ningún mestre do colexio acompañando ao alumnado que participa. 

Moi importante: Os escolares terán que levar o DNI.

Para esta proba os alumnos do colexio non irán acompañados por personal do mesmo. Nesta ocasión non se irá en bus polo que tódolos nenos e nenas que queiran correr terán que ir cos seus pais. Xa en anos anteriores se fixo desta maneira. O centro inscribe aos rapaces e rapazas para que poidan participar pero non se fai responsable das posibles incidencias que poidan xurdir.

 

Non sabemos se hai vestiarios. Se os houbese e ante a posibilidade de que o chan esté mollado e /ou chova recordámosvos que os vosos fillos/as poderán ducharse e cambiarse nos vestiarios das instalacións onde se vai realizar a carreira. Aconsellámoslles que leven o seguinte material no día da carreira:

Roupa deportiva ca que se sinta cómodo para correr. Pode traela xa posta da casa.

MOI IMPORTANTE: Para despois da carreira, aconsellamos que o alumno/-a leve unha muda pola posibilidade de que se manche e/ou molle. 

Premendo na imaxe dabaixo poderás acceder a toda a documentación que nos enviaron dende deporte escolar.

 

 Clicando na imaxe de abaixo poderedes ver e descargar un arquivo pdf coas instrucións a seguir en caso de lesión dos escolares. Un esquema da póliza do seguro.

Moita sorte para ese día e que todo saia moi ben.

Ceip Fogar

 

festival de nadal_1º e 2º primaria

Boas tardes, familias.

Premendo nas imaxes poderás ver os vídeos das actuacións dos vosos fillos e fillas.

 

1ºA

 

1ºD

2º B

 

2º C

 

2º D

Distribuir contido


by Dr. Radut