Skip to Content

Novas

Información campo a través 2019 / 2020

CARREIRA CAMPO A TRAVÉS 2019 / 2020

Xa se saben as datas e o regulamento da carreira de campo a través para este cursoo 2019/2020.

Día da carreira: 29 de novembro de 2019 (venres)

Lugar:  Polígono industrial de Bértoa ( Carballo)

As categorías nas que vai participar o colexio son:

Alevín masculino e feminino. Son os estudantes nados nos anos 2010-2009

Infantil masculino e feminino. Son os estudantes nados nos anos 2018-2007.

Os horarios aproximados para cada proba son os que seguen:

 

HORA

CATEGORÍA

DISTANCIA

VOLTAS

10.15

Cadete masculino

2.400 metros

4 voltas

10.30

Cadete feminino

1.200 m

2 voltas

10.45

Infantil masculino

1.200 m

2 voltas

11.00

Infantil feminino

1.000 m

2 voltas con saída 200 m adiantada

11.15

Alevín masculino

1.000 m

2 voltas con saída 200 m adiantada

11.30

Alevín feminino

800 m

2 voltas con saída 400 m adiantada

11.45

Benxamín masculino

600 m

1 volta

12.00

Benxamín feminino

500 m

1 volta

 

Premendo na imaxe dabaixo poderás acceder a toda a documentación que nos enviaron dende deporete escolar.

 

 

 

Se por algún motivo, alguén perde a folla da autorización, tamén vos deixo unha copia da mesma. Preme na imaxe para descargar o documento pdf.

 

 

 

 

FLIPPED CLASSROOM / TINIKLING / AULA INVERTIDA

FLIPPED CLASSROOM / AULA INVERTIDA

TINIKLING

 

Tinikling, é un baile tradicional filipino que nós imos usar para traballar a coordinación nas sesións de educación física.

Póñoche un vídeo para que te fagas unha idea do que ides realizar estes días:

 Vídeos derivados por Toni Fraga do orixinal de Eric Davoltcon licenza CC BY. Learning the 5 steps of Tinikling_the entire Dance. Dispoñible en Vimeo. CC BY-NC-SA.  

Nestes momentos, estamos a traballar as cualidades físicas básicas: Velocidade, forza, resistencia e flexibilidade. Ademais, intentaremos mellorar tamén a coordinación, que é unha capacidade física que complementa ás cualidades nombradas anteriormente.

A coordinación axúdanos a realizar movementos de maneira ordeada e con éxito . Por exemplo, ser capaz de correr e conducir unha pelota cos pés ou correr botando un balón e tirar a canastra.

Comezamos. Vouvos amosar uns vídeos que vos recomendo que fagades na orde que aparecen. 

  • Primeiro: intentar facer a tarefa sen golpear os postes.
  • Segundo: facelo con golpeos pero a un ritmo máis lento do que aparece nos vídeos

 

VÍDEOS PARA APRENDER O PASO 1

 

Vídeo 1. Obxectivo: aprender o paso 1, sen golpeo de barrotes.

Vídeo derivados por Toni Fraga do orixinal de Eric Davoltcon licenza CC BY. Learning the 5 steps of Tinikling_the entire Dance. Dispoñible en Vimeo. CC BY-NC-SA.  

 Vídeo 2. Obxectivo: aprender o paso 1, con golpeo de barrotes. 

 Vídeo derivados por Toni Fraga do orixinal de Eric Davoltcon licenza CC BY. Learning the 5 steps of Tinikling_the entire Dance. Dispoñible en Vimeo. CC BY-NC-SA.  

  Vídeo 3. Obxectivo: aprender o paso 1, con golpeo de barrotes no que aparecen distintas perspectivas. 

 Vídeo derivados por Toni Fraga do orixinal de Eric Davoltcon licenza CC BY. Learning the 5 steps of Tinikling_the entire Dance. Dispoñible en Vimeo. CC BY-NC-SA.  

 A canción "We will rock you" de Queen é un bo acompañamento musical. inserto un vídeo onde podes escoitar  o sonido da batería en bucle.

Vídeo creado por Lain Yerbury, licenza Youtube estandar. "Queen- We Will Rock You (Instrumental Drum Loop No Hook)". dispoñible en Youtube.

 

 VÍDEO PARA APRENDER O PASO 1. PARELLAS. CON GOLPEOS

 Vídeo derivados por Toni Fraga do orixinal de Eric Davoltcon licenza CC BY. Learning the 5 steps of Tinikling_the entire Dance. Dispoñible en Vimeo. CC BY-NC-SA. 

 

VÍDEOS PARA APRENDER O PASO 2: DIAGONAL. INDIVIDUAL.

 

Vídeo 1. Obxectivo: aprender o paso 2: paso diagonal, sen golpeo de barrotes.

Vídeo derivados por Toni Fraga do orixinal de Eric Davoltcon licenza CC BY. Learning the 5 steps of Tinikling_the entire Dance. Dispoñible en Vimeo. CC BY-NC-SA. 

 Vídeo 2. Obxectivo: aprender o paso 2: paso diagonal, con golpeo de barrotes.

Vídeo derivados por Toni Fraga do orixinal de Eric Davoltcon licenza CC BY. Learning the 5 steps of Tinikling_the entire Dance. Dispoñible en Vimeo. CC BY-NC-SA.

  

VÍDEOS PARA APRENDER O PASO 2: DIAGONAL. PARELLAS.

 

Vídeo 1. Obxectivo: aprender o paso 2: paso diagonal, sen golpeo. Parellas.

 Vídeo derivados por Toni Fraga do orixinal de Eric Davoltcon licenza CC BY. Learning the 5 steps of Tinikling_the entire Dance. Dispoñible en Vimeo. CC BY-NC-SA.

 Vídeo 2. Obxectivo: aprender o paso 2: paso diagonal, con golpeo. Parellas.

 Vídeo derivados por Toni Fraga do orixinal de Eric Davoltcon licenza CC BY. Learning the 5 steps of Tinikling_the entire Dance. Dispoñible en Vimeo. CC BY-NC-SA.

 

MOI IMPORTANTE / RECORDA


Nestas dúas ou tres semanas que lle imos adicar a traballar Tinikling, non creo que vos dé tempo a facer máis pasos. de todasa formas, se podedes e queredes intentar outros novos: déixovos o vídeo orixinal onde tedes máis exemplos.

O voso obxectivo é aprender dous pasos e despois explicárllos aos vosos compañeiros de clase para que o practiquen.

Learning the 5 Steps of Tinikling - The entire dance from EricDavolt on Vimeo.

 

FLIPPED CLASSROOM / QUECEMENTO / AULA INVERTIDA

 

FLIPPED CLASSROOM / AULA INVERTIDA

QUECEMENTO

Que e?

O conxunto de exercicios que reallizamos para preparar o noso corpo antes de realizar calquera deporte ou actividade intensa.

Para que quentamos?

 

Para aumentar a temperatura dos músculos e para non ter lesións.

 

Como sabemos se quentamos ben? 

  • Aumentará o número de pulsacións
  • Aumentará a túa temperatura corporal
  • Aumentará o número de respiracións

Como o temos que facer?

 

Empeza con exercicios suaves e vai aumnetando a intensidade progresivamente.

No vídeo que vas ver a continuación hai 4 bloques. Están por orde, de maneira que podes elixir algún exercicio de cada apartado ata completar 5 minutos de quecemento.

  • Parte 1:  carreira continua
  • Parte 2: desprazamentos variados
  • Parte 3: mobilizacións estáticas
  • Parte 4: cambios de ritmo

Son todos iguais?

Non, hai diferentes tipos de quecemento: dinámicos, estáticos, xerais, específicos,...

Este é un quecemento xeral e ten exercicios dinámicos e estáticos.

 

 

 

MOI IMPORTANTE

 

Tedes que saber realizar un quecemento de maneira autónoma e ensinarllo aos vosos compañeiros e ao teu maestro.

Non é necesario que aprendas o que está escrito arriba. 

 

A continuación podes ver uns vídeos nos que hai exercicios que podes usar no teu quecemento. Espero que che resulten útiles. Ademais, se pinchas no vídeo para velo en YouTube poderás ver os enlaces orixinais de onde se sacaron os mesmos.

 

 EXEMPLOS DE EXERCICIOS QUE SE PODEN REALIZAR PARA LEVAR ADIANTE UN QUECEMENTO DINÁMICO E ESTÁTICO 

vídeos derivados de orixinais CC-BY con reutilización permitida: enlaces aos orixinais en YouTube

 

No vídeo que tes a continuación, poderás ver exercicios que podes usar se algunha vez no tes espazo para correr ou desprazarte con comodidade.

 

EXEMPLOS DE EXERCICIOS QUE SE PODEN REALIZAR EN ESPACIOS REDUCIDOS PARA LEVAR ADIANTE UN QUECEMENTO

vídeos derivados de orixinais CC-BY con reutilización permitida: enlaces aos orixinais en YouTube

 

Inserto agora, uns vídeos que te poden resultar útiles de diferentes quecementos

 

  vídeo creado por Top Form Fitness CC-BY. How to warm up properly before a workout. disponible en YouTube

 Agora podes ver un vídeo do Manchester city de fútbol usando conos como referencia

vídeo creado por SoccerCoachTv licenza standard youtube. Man City Circle Warm Up. disponible en YouTube 

 

 Por último, un vídeo con exercicios que fan dous xogadores de balonmán

vídeo creado por Daniel Bartolome licenza standard youtube. calentamiento específico de balonmano. disponible en YouTube  

 

 

 

FLIPPED CLASSROOM / AERÓBIC / AULA INVERTIDA

 

 

FLIPPED CLASSROOM / AULA INVERTIDA

AERÓBIC

 

O aeróbic consiste nunha serie de exercicios ximnásticos que se realizan con acompañamento musical.

No voso caso, o que realmente ides facer é combinar unha serie de exercicios coa música que vos guste. Sería moi difícil explicar e realizar unha coreografía de aeróbic no pouco tempo que tedes así que vouvos pedir o que me parece máis fácil para vós.

OPCIÓN 1

Nos vídeos que podes ver a continuación atoparedes algúns pasos de aeróbic que podedes combinar con música e, finalmente, crear unha coreografía.

 

VÍDEO 1: PASOS BÁSICOS AERÓBIC 01 SIN MÚSICA

 Vídeo derivado por Toni Fraga CC-BY_SA del original de Enrique Álvarez Rubio . Pasos básicos de aeróbico.Disponibleen youtube. CC BY SA

 

VÍDEO 2: PASOS BÁSICOS AERÓBIC 02 SIN MÚSICA 

  Vídeo derivado por Toni Fraga CC-BY_SA del original de Enrique Álvarez Rubio . Pasos básicos de aeróbico.Disponibleen youtube. CC BY SA

 

VÍDEO 3: VÍDEO ORIXINAL DO QUE SE SACARON OS PASOS ANTERIORES

vídeo creado por Enrique Álvarez Rubio . Pasos básicos de aeróbico.Disponibleen youtube. CC BY SA 

 

 Déixovos aquí tamén os enlaces á música que aparece nos vídeos. 

  • Moves Like Jagger - Maroon 5 featuring Christina Aguilera :https://youtu.be/suRsxpoAc5w  (karaoke_youtube)
  • Rihanna - We Found Love (Audio) ft.Calvin Harris: https://youtu.be/GchEVSx9XEA

 

OPCIÓN 2

Podedes mirar en internet unha coreografía moi básica e usala, ou ben para modificala con pasos que vos gusten máis a vós ou para realizala tal cual.

Inserto o vídeo que vos indiquei na folla que vos din para casa, onde se explica como se fai unha coreografía:

vídeo creado por purenuliving . 10 minutes fitness routine-aerobic warm up ".Dispoñible en youtube. licenza youtube standar 

 

OPCIÓN 3 

 Crear unha rutina de aeróbic interváilco, no que elexides unha serie de exercicios ximnásticos e os facedes cun breve descanso entre un e outro. Todo ilo, con acompañamento musical.

Podenvos vales os exercicios que están facendo os vosos compañeiros de HIIT.

OPCIÓN 4

Se xa sabedes algunha coreografía, baile, challenge( tipo Fornite) tamén valería.

 

MOI IMPORTANTE / RECORDAR

O obxectivo final consiste en faxcer nuha coreografía que ceberedes explicar aos cosos amigos da clase. Mentres vos a explicades e realizades, eles estarán facendo o mesmo ca vós.

Ánimo e recorda

 

  • Elixe o paso de enlace: marcha (por exemplo)
  • Elixe tres pasos que domines
  • Enséñaos dun en un e combínaos co paso de enlace.

 

 

 

 

 

Flipped Classroom_ HIIT

 

 

FLIPPED CLASSROOM / AULA INVERTIDA

HIIT ( exercicios interválicos de alta intensidade)

 Que é o HIIT?

HIIT son as siglas das seguintes palabras en inglés: “High Intensity Interval Training”, que en español vería sendo: exercicios interválicos de alta intensidade.

Antes de empezar, vouvos explicar qué é iso de interválico e de alta intensidade.

Interválico: Neste caso significa que entre un exercicio e outro haberá un tempo de descanso.

Por exemplo:

  • Facer jumping jacks durante 20 segundos
  • Descansar: 20 segundos
  • Facer sentadilla en parede: 20 segundos
  • Descansar: 40 segundos 

 

Alta intensidade: O exercicio que se realiza en educación física soe ser de 3 tipos: Suave, moderado e intenso. Vouche poñer un par de exemplos:

  • Suave: Se podes manter unha conversación mentres realizas o exercicio.
  • Moderado: Tes que falar menos, pero podes facer o exercicio durante bastante tempo.
  • Intenso: Non podes falar porque necesitas tódalas enerxías para terminar o traballo. Ademais, non podes realizar a tarefa moito tempo seguido.

 

Pois ben, o HIIT son varios exercicios que se realizan con intervalos e a unha intensidade moi alta (Exercicio intensos e que se fan con pequenos descansos entre un e outro).

O máis coñecido é o seguinte:  12 exercicios que se realizan desta maneira:

Traballas: 30 segundos

Descansas: 10 segundos.

Podes mirar o vídeo:

 

 

 Sen embargo, vós ides facer HIIT adaptado á vosa idade. Os mesmos exercicios pero, con intensidade moderada. Poderiámolo chamar MIIT ( exercicios interválicos de intensidade moderada) 

MIIT

Traballas: 20 segundos

Descansas: 40 segundos

 

 

O que tedes que conseguir, é que os vosos compañerios e compañeiras fagan o mesmo que o que vedes no vídeo. Por exemplo, un de vós explíca o exercicio, outro leva o tempo co cronómetro e mentras, o resto da clase traballa.Guay

 MOI IMPORTANTE

Tedes que recordar que o voso obxectivo final consiste en explicar os exercicios, que tedes que aprender, aos vosos compañeiros. E estes, terán que realizalo ao mesmo tempo que llos comentades. Digamos que ides ser mestres ou monitores de ximnasio durante uns días.

Non fagades o HIIT de traballar 30 segundos e descansar 10. Só as persoas que fan unha revisión médica ou teñen unha condición física moi boa deberían practicalo.

Por último, a continuación podes clicar en cada imaxe e verás un vídeo de cada un dos exercicios.

 

           

          

 

      

 

          

 

         

 

     

   

 

ÁNIMO RAPACES

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut