O día 29 de novembro o alumnado do colexio Fogar participou na carreira de campo a través organizada polo concello.
Os mestres queremos darvos as grazas a tódolos estudantes que participastes, polo voso bo comportamento e sobre todo polo exemplo que nos destes. Estamos moi orgullosos de vós.
Xa chegaron os resultados( provisionais)e hai que dicir que os nosos atletas puxeron o listón moi alto. Houbo varios gañadores e gañadoras nas diferentes categorías e tamén moi boas clasificacións en xeral. A continuación escribimos o nome dos 3 primeiros clasificados do noso colexio en cada categoría e sexo. Por suposto, o colexio está orgullosísimo de tódolos alumnos e alumnas que participastes na competición.
Infantil masculino:
Primerio clasificado e campión na súa categoría: Martín Souto
Terceiro clasificado e medalla de bronce: Nicolás Cancela
sexto clasificado: César Verdes
O equipo infantil masculino quedou clasificado en primeira posición polo que se clasificou para o campionato intercomarcal.
Infantil feminino:
Cuarta clasificada : Carla Martínez
Novena clasificada : Arancha Lorenzo
décimo cuarta clasificada: Aroa Sequeiro
Alevín masculino:
Décimo clasificado: Mario Mola
décimo primeiro clasificado: Saúl Abelenda
décimo segundo clasificado: Álex Rodríguez
Alevín feminino:
Primeira clasificada na súa serie : Julia Varela
Segunda clasificada na súa serie : Pepa Breijo
Quinta clasificada na súa serie: Raquel Suárez
Recordamos que os resultados son provisionais e estamos pendentes dos definitivos.
premendo aquí, podes acceder ao pdf da federación.
Clicando nas imaxes de abaixo poderás ver unhas fotos e un vídeo do día da competición.
preme na imaxe para ver o vídeo
preme na imaxe para ver as fotos
Aínda non dispoñemos das fotos da entrega de medallas, tan pronto como as recibamos subirémolas á páxina do colexio.