Skip to Content

Novas

CAMPIONATO FÚTBOL QUINTO_LIGA CHAMPIÑÓN

Bo día a todos.

Aquí poderedes ver os vídeos e a información dos partidos. Tamén poderedes ver e descargar o <<album oficial de cromos>> da liga con toda a infromación dos xogadores e dos equipos.

Empezamos cos vídeos. Son bastantes vídeos, un pouco de cada partido, polo que deixo o enlace para poder ver a lista de reproducción en youtube. Así podedes ver o que vos interese. https://lc.cx/crvNtg 

Estes son os equipos participantes. Tamén os podes descargar en ficheiros adxuntos ou neste enlace: https://lc.cx/MDjTZG

O album de cromos podes descargalo en ficheiros adxuntos ou premendo neste enlace :http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfogarcarballo/system/files/album%20campionato%20quinto.pdf

Os cromos podes descargalos en ficheiros adxuntos ou neste enlace: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfogarcarballo/system/files/cromos%20campionato%20quinto.pdf 

CAMPAÑA DA NEVE 2024 DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Remitimos información sobre campaña da Deputación da Coruña que será de interese de alumnas e alumnos:

 

Enlace á web da Deputación da Coruña na que figura toda a información da Campaña da Neve 2024, dirixida a nenas e nenos de entre 11 e 15 anos.

 
 
 
Tamén anexamos o enlace á a información e ficha de inscrición específica para os empadroados no Concello de Carballo.
 

 

Conto de paz de alumnado de segundo

campo a través_fase intercomarcal

Nesta páxina iremos poñendo toda a información que nos vaia chegando sobre a proba intercomarcal que se disputará en Acea da Má(Culleredo) o día 14 de xaneiro de 2023.

Todos os escolares están cubertos por un seguro. Na normativa de abaixo vos aparece o enlace á información do mesmo, de todas maneiras volo escribo aquí tamén:

"Toda a documentación referente á cobertura do seguro está dispoñible no programa Xogade, na páxina web www.deporteescolargalego.com. Nesta páxina o acceso ao protocolo de actuación e á poliza do seguro é aberto.
Lembren que todo o corpo técnico, deportistas e familiares deben coñecer o protocolo de actuación do seguro de accidente deportivo."

Premendo na imaxe poderás ver a normativa da carreira.

Recordámosvos o que xa vos enviamos por Abalar:

"Para esta proba o alumnado do colexio non irá acompañado por persoal do mesmo. Nesta ocasión non se irá en bus polo que tódolos nenos e nenas que queiran correr terán que ir cos seus país. Xa en anos anteriores se fixo desta maneira. O centro inscribe aos rapaces para que poidan participar.

O que se soe facer ese día en Culleredo é ir con antelación, hora e media ou dúas antes para coller os dorsais na zona habilitada e despois ir cara ao lugar onde se disputa a carreira. Hai vestiarios para cambiarse antes e despois da proba.

A distancia son 1900 metros e a proba infantil feminina está previsto que empece ás 11:10 horas.

A distancia son 1900 metros e a proba infantil masculina está previsto que empece ás 11:25 horas."

Nota enrtegada ao alumnado  11/01/2023, preme na imaxe para ver o pdf

 

carreira campo a través

Este martes, 20 de decembro de 2022, o colexio do Fogar participou na carreira de campo a través organizada polo concello de Carballo e Deporte Escolar.

Foron preto de 90 rapaces e rapazas que correron nunhas condicións moi complicadas tanto polas condicións climatolóxicas como polo estado da pista. Foi realmente un día de “campo a través” total e todo un espectáculo.

Dende o colexio queremos agradecervos o enorme esforzo realizado . Noraboa atletas.

Atletas clasificaodos para a seguinte fase:

Cayetana de sexto C quedou en segunda posición na categoría infantil feminino. Aquí a vemos celebrándoo cos seus amigos e amigas

 

Continuamos falando do equipo feminino posto que quedou en segunda posición na carreira. Con este resultado clasifícanse as 6 atletas para a seguinte fase. 

Equipo feminino formado por, de esquerda a dereita:Salma, África, Daniela, Alba, María e Cayetana

Tamén pasa para a fase intercormarcal o alumno de sexto A e na categoría infantil: Pablo. Rematou a carreira nunha excelente quinta posición.

O equipo infantil masculino quedou en terceira posición a un só punto de poder disputar a seguinte fase. Gran traballo rapaces.

Os equipos alevín masculino e feminino quedaron en quinta posición nas súas carreiras que fixeron chovendo e co campo xa moi esvaradizo e enlamado.

 

Parabéns a todos os que participastes na carreira e dende o colexio esperamos que vos quedara tan bo recordo como o que nos quedou aos mestres que tivemos o pracer de acompañarvos.

Subiremos as fotos nos vindeiros días.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut