Skip to Content

campo a través_fase intercomarcal

Nesta páxina iremos poñendo toda a información que nos vaia chegando sobre a proba intercomarcal que se disputará en Acea da Má(Culleredo) o día 14 de xaneiro de 2023.

Todos os escolares están cubertos por un seguro. Na normativa de abaixo vos aparece o enlace á información do mesmo, de todas maneiras volo escribo aquí tamén:

"Toda a documentación referente á cobertura do seguro está dispoñible no programa Xogade, na páxina web www.deporteescolargalego.com. Nesta páxina o acceso ao protocolo de actuación e á poliza do seguro é aberto.
Lembren que todo o corpo técnico, deportistas e familiares deben coñecer o protocolo de actuación do seguro de accidente deportivo."

Premendo na imaxe poderás ver a normativa da carreira.

Recordámosvos o que xa vos enviamos por Abalar:

"Para esta proba o alumnado do colexio non irá acompañado por persoal do mesmo. Nesta ocasión non se irá en bus polo que tódolos nenos e nenas que queiran correr terán que ir cos seus país. Xa en anos anteriores se fixo desta maneira. O centro inscribe aos rapaces para que poidan participar.

O que se soe facer ese día en Culleredo é ir con antelación, hora e media ou dúas antes para coller os dorsais na zona habilitada e despois ir cara ao lugar onde se disputa a carreira. Hai vestiarios para cambiarse antes e despois da proba.

A distancia son 1900 metros e a proba infantil feminina está previsto que empece ás 11:10 horas.

A distancia son 1900 metros e a proba infantil masculina está previsto que empece ás 11:25 horas."

Nota enrtegada ao alumnado  11/01/2023, preme na imaxe para ver o pdf

 

AdxuntoTamaño
nota intercomarcal 2.pdf10.02 KB


page | by Dr. Radut