Skip to Content

Novas

Psicomotricidad (Infantil) - Educación Física (1º-2º)

Seguro que os acordáis que jugamos en la clase con las pelotas voladoras.

¡¡¡Pues llega el momento de que se lo enseñes a tu familia!!!

Actividades de educación física

Propóñense para estes días dúas novas tarefas para o alumnado de todas as idades.

1. Visualizar o vídeo "AVENGERS ENDGAME Kids tabata workout". Podedes intentar poñervos en forma realizando este traballo de condición física cos personaxes de Avengers.

 

2. Bailade un pouco ao ritmo de FORNITE, seguro que o pasades moi ben.

 

 

 

Actividades de educación física para estes días na casa

ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN FISICA PARA ESTES DÍAS QUE ESTAMOS NA CASA

O primeiro exercicio que vos propoño consiste en facer 20 jumping jacks cada vez que abrades á neveira, seguro que que desa maneira imos estar moi, moi FIT.

O segundo exercicio é iste. Fixen un xogo da ruleta da sorte con actividades para facer en casa. Basicamemte consiste en realizar a tarefa que aleatoriamente vai saíndo. Algúns son para facer dunha vez e outros son para realizar ao longo do día. Espero que vos gusten.

Premendo na imaxe podedes acceder á páxina.

O xogo está en inglés e en español, pero pódese cambiar de idioma premendo no botón correspondente. Na páxina do xogo, se pasades co rato por riba do nome de cada xogo, aparece a descrición en tamaño máis grande.

Subo as imaxes tamén como archivos adxuntos por se non podedes acceder a Geneally.

Un abrazo

 

Actividades de Educación física para os alumnos de : 5ºA,5ºB, º6A,6ºB,6ºC e 6ºD

Bos días.

Durante estes días os vosos fillos e fillas non van poder asistir ao centro e dende a área de educación física propóñovos que fagan algunhas das actividades que aparecen no seguinte pdf.

TODAS AS ACTIVIDADES SON VOLUNTARIAS

enlace

No arquivo hai enlaces a diferentes páxinas web. Vounas publicar aquí tamén para ter dúas opcións.

enlace a páxina dos vídeos da unidade de cordas: enlace

enlace a páxina onde se publicarán outras actividades: enlace

enlace a actividade de coordinación de pernas: enlace 1, enlace 2, enlace 3

enlace ao Genially, oca da condición física: enlace

Campionato provincial de campo a través

 

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS CARBALLO 2019

O día 6 de marzo dispútase en Carballo a competición provincial de campo através para centros escolares.

O mércores 4 de marzo tivo lugar a presentación do evento e dende o concello invitaron aos atletas clasificados a dito acto. Dende o colexio queremos agradecer a iniciativa e esperamos que se repita nos vindeiros anos.

Podedes ver unha imaxe do acto e o enlace ao lugar de publicación da nova:http://www.carballo.gal/novas.php?id=7100&idioma=gl&sec=30#.Xl_4mlKJw2Q.whatsapp

Despois da presentación os rapaces recibiron un agasallo e foron invitados a un chocolate con doces. O dito, todo un detalle por parte do concello a través de Carballo deporte.

Tamén os mestres que os acompañamos recibimos unha camiseta. Será para o gañador dun sorteo entre todos os escolares do colexio que correron na fase local de campo a través disputada en Carballo.     

Unha alumna do Fogar vai participar e o colexio e os seus compañeiros desexan darlle ánimos para este día.

 
Xa se celebrou o sorteo entre os atletas participantes, e os gañadores foron:
Camiseta: Natalia V.V.
bolsa de Carballo deporte: Mateo N.D.
bolsa de Carballo deporte: Erik C.T.
Noraboa aos campións. Nos vindeiros días pasaremos polas vosas clases para darvos os premios.
Distribuir contido


by Dr. Radut