Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

1º Educación primaria

GRUPOS INTERACTIVOS MAIO

Un mes máis as familias viñeron acompañarnos na actividade de grupos interactivos.

En "Mar de palabras" continuamos practicando a escrita en minúscula, esta vez lanzando os dados para crear oracións raras e divertidas, formamos palabras compostas, unimos parellas de antónimos e traballamos a lectura cunha actividade na que tiñamos que colocar dentro da lavadora os calcetíns que tiñamos nunha lista.

En "Mates en familia" aproveitamos para repasar conceptos como número anterior e posterior, e tamén pares e impares; repasamos as horas no reloxo de agullas e dixital cun bingo e un xogo que Uxía nos deixou; elaboramos xeados nos que as bólas que colocamos tiñan que sumar o número que aparecía no cono e recordamos como se xoga ao cinquillo.

Moitas grazas familias por acompañarnos durante estes meses! Gozamos moito da vosa compañía e agardámosvos de novo no próximo curso!!!

VISITA DE PERE TOBARUELA

O pasado martes as nenas e nenos de 1º tivemos unha visita moi especial: achegouse ata o colexio Pere Tobaruela, autor do libro que estivemos a ler durante os últimos meses. Mariña e o balón foi unha lectura que nos resultou moi divertida e serviunos tamén para reflexionar sobre a igualdade e a capacidade que todas as persoas temos para realizar ou participar en calquera actividade que queiramos, tanto se somos nenas coma se somos nenos.

Por iso, tiñamos moitas ganas de coñecer o escritor. Puidemos charlar con el sobre o conto, os seus personaxes, as ideas que quere transmitir...e ademais asinounos os libros que tiñamos.

 Foi un gusto coñecelo!!

GRUPOS INTERACTIVOS ABRIL

Un mes máis as familias viñeron acompañarnos na actividade de grupos interactivos.

En "Mar de palabras" traballamos a expresión oral e corporal con varios xogos nos que inventar historias e tarxetas coas que facer mímica. Tamén practicamos a escrita cunhas actividades que nos permitiron repasar o uso da z/c ou da r/rr, xogamos a un dominó no que unir os debuxos coas súas iniciais e completamos algunhas actividades de lectura, nas que tiñamos que engadir os ingredientes ás pizzas e ordenar os pasos que seguimos en diferentes situacións do día a día.

En "Mates en familia" practicamos o cálculo mental, xogamos ao dominó e construímos figuras a partir de gomas e pezas con diferentes formas xeométricas.

Grazas por acompañarnos neste mes de abril!!

GRUPOS INTERACTIVOS MARZO

Neste último mes do 2º trimestre acompañáronnos as familias nos grupos interactivos todos os venres.

En "Mar de palabras" aproveitamos para seguir repasando a escritura de palabras con C ou Q; R forte, R suave ou RR; e Z ou C. Traballamos tamén a lectura xogando co robot e tendo que buscar no taboleiro animais coas características que se indicaban nas tarxetas e construíndo uns tangrams nos que, para colocar as pezas correctamente, tiñamos que ler unhas palabras de distintos campos semánticos (corpo, alimentos, material escolar, etc.) e atopar o debuxo correcto. Ademais, empregamos o Jenga para continuar mellorando a conciencia fonolóxica e buscar palabras que conteñan os sonidos das letras que aparecían nas pezas e fixemos unha actividade na que descifrar as palabras secretas, escribindo as iniciais dos debuxos que aparecían ans tarxetas.

En "Mates en familia" xogamos ao cinquillo para seguir repasando os números anteriores e posteriores, ao bingo para mellorar o recoñecemento dos números de dúas cifras, e co xogo das escaleiras e as serpes e os taboleiros para chegar ao tesouro practicamos o cálculo mental. Empregamos o Jenga tamén para traballar os números pares e impares e co robot buscamos polo taboleiro liñas rectas e curvas ou figuras xeométricas (triángulos, cadrados, rectángulos e círculos). Ademais, xogamos ao Serpentina, xogo de cartas que consiste en ir creando serpes ordenando as cores do seu corpo e cuxo obxectivo é facer as serpes máis longas posibles para quedar co maior número de cartas.

Moitas grazas por continuar acompañándonos e agardámosvos o próximo trimestre!!

GRUPOS INTERACTIVOS FEBREIRO

Este mes de febreiro tivemos dúas sesións de grupos interactivos.

Comezamos con "Mar de palabras" acompañados por José, Auria e Víctor. Con eles estivemos repasando as palabras que se escriben co C ou Q e a creación de palabras en minúsculas, fixemos un bingo de palabras e xogamos a Palabrea, que consiste en dicir o nome de diferentes obxectos, lugares, persoas ou animais que aparecen nas tarxetas e que teñen que comezar por unha letra inicial que tamén sae nas cartas.

En "Mates en familia" estivemos acompañados por Juanma, Marta e Vero. Estivemos xogando ao Speed Cups para traballar a velocidade e a orientación espacial, ao cinquillo coa baralla de cartas para repasar os conceptos de número anterior e posterior e ao xogo das escaleiras e as serpes para continuar mellorando cálculo mental. Ademais contamos coa presencia de Alicia, coa que estivemos traballando a descomposición dos números a través das sumas.

Moitas grazas familias por acompañarnos!!

 

COMEZAN OS GRUPOS INTERACTIVOS!

Este venres inauguramos a actividade de grupos interactivos na aula de 1º! Para facelo, comezamos cunha sesión de "Mates en familia", na que aproveitamos para traballar diferentes propostas relacionadas cos contidos que estivemos aprendendo no primeiro trimestre e nas últimas semanas na área de matemáticas, acompañados dalgunhas familias, o que fai que nos sintamos máis motivadas e motivados.

Os xogos nos que participamos servíronnos para repasar os números ata o 50, a diferenciación dos conceptos dereita - esquerda, a clasificación dos números en pares e impares e o cálculo mental, tanto de sumas como de restas.

Grazas familias por acompañarnos! Agardámosvos a próxima semana!!

1º EP - Adaptación da programación didáctica curso 2019/20

Seguindo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, adáptase a programación didáctica do presente curso, puidéndose consultar no arquivo adxunto.

TAREFAS 1º E.P.

Adxunto proposta de actividades para o venres 24 de abril, lembrade que as do luns xa estarán colgadas na aula virtual. 

TAREFAS 1º EP (Inglés)

Nova proposta para o xoves, 23 de abril.

a) Worksheet: Family

Enjoy!

 

Distribuir contido