Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

1º Educación primaria

TAREFAS 1ºE.P. (Inglés)

Adxunto tarefas para realizar o luns, 16 de marzo.

 

- Canción: "I have a pet" de SuperSimple Songs.

https://www.youtube.com/watch?v=pWepfJ-8XU0

 

- Xogos interactivos sobre o vocabulario de Animals

https://learnenglishkids.britishcouncil.org/word-games/pets

 

TAREFAS 1º E.P.

ADXUNTO RECOMENDACIÓNS XERAIS E TAREFAS PARA REALIZAR O LUNS 16 DE MARZO. 

UN SAÚDO.

Parapente

Falando na clase dos medios de transporte descubrimos que o pai de Xantal é monitor de Parapente, así que aproveitamos a ocasión para pedirlle que viñera ao cole a contarnos como facía para voar nun aparello impulsado únicamente polo vento. Foi xenial!

 Moitísimas grazas!!!

Campaña de recollida de móbiles usados

Os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria queremos apadriñar un chimpancé! Por iso estamos recollendo no cole móbiles usados (sin cargador e sin tarxeta) para envialos e que sexan reciclados. Deste xeitos contribuímos á conservación do hábitat dos chimpancés e á non deforestación para obter coltán.

Precisamos a túa axuda! Trae o teu móbil vellol! 

Experimentando con fariña de maínzo e auga

Onte veu a vernos ao cole a nai de Xantal para facer un experimento.

Mesturamos auga e fariña de maínzo para facer un líquido non newtoniano, é dicir, que varía a súa densidade según a forza que se lle aplique.

Encantounos! Moitísimas grazas!

 

Derradeira charla de Nutrición! O almorzo!

Aprendemos como facer un almorzo equilibrado con cereais, verdura, froita, proteínas e lácteos!

Fixemos de chefs e creamos cooperativamente un almorzo, coloreamos e puxémoslle un nome simpático! De exemplos tíñamos ao "Buhíto marchoso" e a "Tostada flamenca crocanti".

Para rematar xogamos ao "Comepalabra" e comprobamos que recordábamos moitas das cousas aprendidas en anteriores charlas!

Marcapáxinas para o Día do Libro

Na sesión de Arts&Crafts de hoxe fixemos un marcapáxinas de esquina con cara de monstro!

Terceira charla sobre nutrición!

Hoxe coñecemos distintos virus e bacterias!

Logo moldeamos con plastilina o noso virus, puxémoslle nome e inventamos o que che pasaba se te contaxiabas!

Tamén aprendemos a técnica do vampiro para cando nos da un ataque de tos ou espirramos e a lavar as mans a conciencia para evitar contaxios.

 

Distribuir contido