Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Derradeira charla de Nutrición! O almorzo!

Aprendemos como facer un almorzo equilibrado con cereais, verdura, froita, proteínas e lácteos!

Fixemos de chefs e creamos cooperativamente un almorzo, coloreamos e puxémoslle un nome simpático! De exemplos tíñamos ao "Buhíto marchoso" e a "Tostada flamenca crocanti".

Para rematar xogamos ao "Comepalabra" e comprobamos que recordábamos moitas das cousas aprendidas en anteriores charlas!