Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

GRUPOS INTERACTIVOS ABRIL

Un mes máis as familias viñeron acompañarnos na actividade de grupos interactivos.

En "Mar de palabras" traballamos a expresión oral e corporal con varios xogos nos que inventar historias e tarxetas coas que facer mímica. Tamén practicamos a escrita cunhas actividades que nos permitiron repasar o uso da z/c ou da r/rr, xogamos a un dominó no que unir os debuxos coas súas iniciais e completamos algunhas actividades de lectura, nas que tiñamos que engadir os ingredientes ás pizzas e ordenar os pasos que seguimos en diferentes situacións do día a día.

En "Mates en familia" practicamos o cálculo mental, xogamos ao dominó e construímos figuras a partir de gomas e pezas con diferentes formas xeométricas.

Grazas por acompañarnos neste mes de abril!!