Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
COMEZAN OS GRUPOS INTERACTIVOS!
Este venres inauguramos a actividade de grupos interactivos na aula de 1º! Para facelo, comezamos cunha sesión de "Mates en familia", na que aproveitamos para traballar diferentes propostas relacionadas cos contidos que estivemos aprendendo no primeiro trimestre e nas últimas semanas na área de matemáticas, acompañados dalgunhas familias, o que fai que nos sintamos máis motivadas e motivados.
Os xogos nos que participamos servíronnos para repasar os números ata o 50, a diferenciación dos conceptos dereita - esquerda, a clasificación dos números en pares e impares e o cálculo mental, tanto de sumas como de restas.
Grazas familias por acompañarnos! Agardámosvos a próxima semana!!