EDLG-GHAFOS

O Deporte e a Paz

Para celebrar o DENEP (Día Escolar da Non Violencia e Paz) o noso centro elaborou unha frase

Aniversario de Castelao

Proposta do EDNL:  Co gallo do "Día de Castelao" o vindeiro 30 de xaneiro, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega deste centro propón que o alumnado faga unha foto coa figura de Castelao que podemos atopar na cidade para visibilizar a súa figura (no Café Moderno, na Rúa Alta,...) . Deberán traer a fotografía impresa (tamaño máximo unha cuartilla) antes do 25 de xaneiro para facer un mural entre todo o alumnado do colexio. Non quededes sen participar! Esperamos o voso retrato.  VER O RESULTADO DA EXPOSICIÓN

Clicando na imaxe, e logo nas palabras, tamén poderás aprender en Yogote unha das célebres frases de  Castelao.

Brincaletras (xogo): Canto sabes de Castelao?

 Artigos relacionados : Castelao en Europa ...  - A Derradeira lección do mestre.  - Roteiro Castelao.  - Obra gráfica.

 

 

Refraneiro - Xaneiro

“A auga de xaneiro, todo o ano ten tempero.”
“A flor de xaneiro no chega ao froiteiro.”
"A auga do mes de xaneiro mata ó usureiro"
"A sardiña no xaneiro, cúspelle a barba a un mariñeiro"
"Amor o primeiro, e a lúa a de xaneiro"
 "Cando as ras cantan no xaneiro, sinal de fame no eido"
"Cando chove en xaneiro, non hai nin bo prado nin bo lameiro"
"Coa lúa de xaneiro vese a formiga no carreiro"
“Da auga de xaneiro cada gota vale un diñeiro.”
"En xaneiro, visita o outeiro; se ves verdegar, ponte a chorar; se ves terrexar, ponte a cantar".

Tanxugueiras competirá en Benidorm por representar a España en Eurovisión co tema TERRA

Despois de ser a  Palabra do Ano 2021 , o trío que conforman Tanxugueiras (Aida, Olaia e Sabela), están a espera de saber se van a representar a España en Eurovisión. Os días 26, 27 e 29 de xaneiro competirán no Festival de Benidor.   Tanxugueiras acada o 3º posto no Festival de Benidor.

1/2 Maratón do Galego

A nosa particular 1/2 Maratón xa comezou a andar! As nosas maratonianas e maratonianos xa comezaron a superar as 21 probas que os levarán a superar esta particular carreira. E a coñecer mellor a nosa cultura, tradicións e a conmemorar os días sinalados do ano.

 

 Cada trimestre contará con sete probas a superar                                Primeira parte                                                                    Segunda parte

1/2 Maratón do Galego  Retos 1º Trimestre Parte 2

 

Aquí están as últimas probas da túa 1/2 Maratón do galego.

 

Terceira parte

 

 Ánimo con elas e a conseguir a mellor das recompensas: 

 

FALAR EN GALEGO!

 

 

Grande Amore - Mellor disco do ano 2021 da Web Supersónica

A web musical Hipersónica elixiu como mellor disco do 2021 en España o álbum do mariñao Nuno Pico, coñecido a nivel musical como Grande Amore.

 

Tanxugueiras - Palabra do Ano 2021

Acaba de se converter na Palabra do Ano 2021, tras se facer coa maioría dos votos das persoas que participaron na elección popular promovida polo Portal das Palabras.  Agora só falta que gañe para participar en Eurovisión. Se queres podes votar

A palabra ao ano en español foi VACUNA, igual que en portugal, pero alí chámase como en galego  VACINA.

 

Papaventos e Mochilas Viaxeiras co Correlingua 2021

O Correlingua 2021  agasallounos cun obradoiro de Papaventos  e cunhas Mochilas Viaxeiras, para o alumnado de 4º e 5º . Tivemos que elixir un só curso para aprender e logo facelo con outros. Non se puido facer antes porque a monitora estivo confinada ate fai pouco. Os primeiros en aprender foron os de 5ºA.  Ver fotos

 

Cal será a Palabra Galega do Ano 2021? Entra e vota.

A Real Academia Galega e a Fundación Barrié abren, a través do Portal das Palabras, a fase de votación popular para escoller a Palabra do Ano 2021. Tras a fase de recollida de suxestións, as voces finalistas que optan a se converter na Palabra do Ano 2021: coada, gromo, resiliencia, tanxugueiras e vacinódromo.

O prazo de votación permanecerá aberto ata as 23:59 horas do sábado 25 de decembro de 2021 nesta ligazón:

http://portaldaspalabras.gal/palabradoano/  

-  Se queres tamén o podes facer coa "Palavra do Ano Portuguesa"

"Panxoliña da Neve" de Manuel María

O alumnado que hoxe está na noso cole en 3º cantou no curso 2018-19 (estando na EEI Crespo Rivas) unha panxoliña aos nenos de Puerto Rico. Imos recordala.

Ver a letra  - Máis sobre o Nadal

Powered by Drupal - Design by artinet