EDLG-GHAFOS

Exposición de fotos con Castelao

Celebramos o aniversario do célebre , narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante, médico e político galego Alfonso Daniel Rodríguez Castelao facéndonos unha foto con algunha das imaxes que o representan.

Ver panel de 1º Ciclo.  - 2º Ciclo   - 3º Ciclo    - Toda a exposición  - Ver máis fotos na Galería - Cartel cunha pequena biografía.

Facer un Brincaletras sobre Castelao

-   Artigo relacionado.

 

Letras Galegas 2022 - Florentino Delgado Gurriarán

Florencio Delgado Gurriarán, escritor, editor literario e activista político e cultural fundamental do exilio galego en México, será a persoa homenaxeada en 2022 co Día das Letras Galegas. Decidiuno na mañá da sexta feira o Plenario da Real Academia Galega, con 14 votos a favor.
 
- Ver na no Xornal   -  Ver PDF do artigo en Nós Diario  "Protagonizará o Días das Letras Galegas do ano 2022"
 
 

 

Autoxenreira

Videoclip musical, feito polo  EDLG do CEIP do Carballal,  baseado na letra dun dos  poemas ( "O galego" do libro "O soño") de Florencio Manuel Delgado Gurriarán, persoeiro homenaxeado neste ano 2022 no Día das Letras Galegas.

Exposición musical "Cantámola en Galego"

Este mes de xaneiro de 2022 temos no cole  a Exposición de Música  "Cantámola en Galego".   Esta tamén se pode ver en liña ou descargar dende a páxina do Concello de Pontevedra (https://snl.pontevedra.gal/descargas/). Dende a mesma páxina web tamén se poden escoitar unha selección de 292 cancións de diferentes estilos musicais: rock, pop, rap,  tradicional, infantil, de autor ... nunha lista de produción en  spofity.

Clicando na imaxe podes ver en Pdf toda exposición xunta coa unidade didáctica explicativa dos diferentes grupos e estilos que están agora mesmo creando e tocando en diferentes escenarios. Algúns deles están moi de moda,  como por exemplo,  Tanxugueiras, moi preto de participar en Benidorm na fase final por chegar a representar a España en Eurovisión.

Facer actividades H5P relacionadas coa música galega: - Escoller  artistas  - Emparella as imaxes  - Letra de "Terra" (Tanxugueiras)

Ver fotos na Galería de imaxes do cole.   Artigo relacionado: Pequena Guía de Música en Galego.a

O Deporte e a Paz

Para celebrar o DENEP (Día Escolar da Non Violencia e Paz) o noso centro elaborou unha frase

Aniversario de Castelao

Proposta do EDNL:  Co gallo do "Día de Castelao" o vindeiro 30 de xaneiro, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega deste centro propón que o alumnado faga unha foto coa figura de Castelao que podemos atopar na cidade para visibilizar a súa figura (no Café Moderno, na Rúa Alta,...) . Deberán traer a fotografía impresa (tamaño máximo unha cuartilla) antes do 25 de xaneiro para facer un mural entre todo o alumnado do colexio. Non quededes sen participar! Esperamos o voso retrato.  VER O RESULTADO DA EXPOSICIÓN

Clicando na imaxe, e logo nas palabras, tamén poderás aprender en Yogote unha das célebres frases de  Castelao.

Brincaletras (xogo): Canto sabes de Castelao?

 Artigos relacionados : Castelao en Europa ...  - A Derradeira lección do mestre.  - Roteiro Castelao.  - Obra gráfica.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet