EDLG-GHAFOS

Programa 21 Días co Galego

A finais do curso pasado ofertáronnos, e aceptamos en claustro, poder participar no proxecto 21 Días co Galego neste curso 2023-24. Esta semana presentáronnos o programa que aquí xuntamos para o seu desenvolvemento.

Campaña: 21 Lemas Pola Nosa Lingua

Aproveitando que este ano imos participar no Programa 21 días co galego, promovido pola Consellería de Cultura, no primeiro trimestre imos facer unha modesta campaña de fomento con 21 lemas que imos repartir entre as aulas do noso centro (19) o profesorado (1) e a ANPA (1).

O Galego Patrimonio Inmaterial

Álbum: 2023-24 -> O Galego Patrimonio Inmaterial

A TVG estrea a serie Bechos

Un  novo contido en lingua galega para promover o coidado ao medio entre a cativada.

Homenaxeada para o Día das Letras Galegas de 2024

Xa hai unha nova homenaxeada para o Día das Letras Galegas do vindeiro ano  2024. Luísa Villalta. O seu nome fora proposto xa para as homenaxes da Academia ás Letras Galegas en 2022, nunha edición que finalmente recaeu en Florencio Delgado Gurriarán, e 2023, que tivo como figura de referencia Francisco Fernández del Riego.

Correlingua 2023

Álbum: 50º Aniversario 1973 - 2023 -> Correlingua

Powered by Drupal - Design by artinet