EDLG-GHAFOS

Wordle Campolingua

Amplia o teu vocabulario en galego e adivina as palabras no "wordle" de Campolingua.  Nesta nova  campaña do galego , na escola fixemos un xogo onde terás que descubrir algunha das palabras que tes no PDF. Recorda que unha das pistas é o número de letras que che pide o xogo, pois hainas de cinco, de seis ... Serás quen de atopalas?  Descarga o PDF para poder xogar (en liña non funciona) ou copia a ligazón e abre umha nova ventana no ordenador.

Camiñadas pola lingua

O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, ten á disposición dos colectivos que as soliciten varias visitas guiadas pola Pontevedra vencellada a diferentes persoeiros pontevedreses de relevancia para a lingua galega. A nosa escola participou nalgún deses roteiros.

Ver fotos: - 1ºB  -   1ºC   2ºB  -   

Maio Campolongo 2022

Despois de dous anos de parón pola pandemia os Maios de Pontevedra volveron a Ferraría. O noso centro colaborando coa ANPA  acadou tres cuartos premios : en Maio, Interpretación e Coplas.  Parabéns a toda a comunidade educativa, pois o premio máis importante foron as xornadas de convivencia.

  - Ver nova na prensa.   - Ver fotos: Día da Festa .  - Recollendo material   - Ensaiando - Vídeo dende o palco  -  Vídeo visto de fronte con yogote - Video da festa esperando o resultado do xurado.  - Fotos Maios na Escola

Artigos relacionados: Pontevedra volve coas Festa dos Maios na Ferraría  - Recursos sobre os Maios.

Vídeo resumo dos 5 maios presentados - Máis na Etiqueta Maios

 

Quen quere ser millonario - Edición Letras Galegas 2022

XOGA A QUEN QUERE SER MILLONARIO - EDICIÓN LETRAS GALEGAS 2022

CLICA NO ENLACE E DESCARGA O ARQUIVO ADXUNTO:

 Quen quere ser millonario - Edición Letras Galegas 2022 Ficheiro

Aí vén o Maio - M. Delgado Gurriarán - Música: Anxo Rey

 Aí vén o Maio pola porta do xardín,

aí ven o Maio de enterrar ao pai abril.

Aí vén o Maio pola porta da campía,

aí vén o Maio, galán da cotovía.

 

O Maio garrido cansino de chorar,

enxoito o seu pranto con panos de luar.

O Maio garrido tiña un cambai brunedo

i o sol esfarrapoullo cos seus dourados dedos.

 

Aí vén o Maio pola porta da devesa,

aí vén o Maio cos seus brincas de cereixas.

Aí vén o Maio pola porta do soutelo,

aí vén o Maio co seu colete amarelo.

 

O Maio garrido anda a bebe-los ventos

pola terra rapaza de doces arrecendos.

O Maio garrido, para saudar o verán,

pon luvas de etiqueta con flores de san Xoán.

 

Aí vén o Maio pola porta do valado,

aí vén o Maio co seu traxe branco.

Aí vén o Maio, ¡Ábrelle as portas, moza,

que trae, por gorentarte, caraveis e rosas!

 

M. Delgado Gurriarán

 Homenaxeado Día das Letras Galegas 2022

Música: Anxo Rey

Ver máis recursos sobre os Maios  - Ver recursos sobre F. Delgado Gurriarán (Letras Galegas 2022)

Pensatermos - Novo xogo para traballar o vocabulario galego

Normas:  - Necesitas formar palabras con estas letras.  - As letras pódense repetir.   -  Requírese a letra do medio. -  As palabras deben ter polo menos 3 letras.

Powered by Drupal - Design by artinet