EDLG-GHAFOS

Premios aRit(t)mar 2021

O  festival  aRi[t]mar  fechou  esta cuarta feira (27-10-2021) en Compostela a súa sétima edición cunha gala na que a música e a poesía conviviron en harmonía, bañadas pola defensa da lusofonía, como é meta orixinal desta iniciativa. ARi[t]mar, é un  proxecto didáctico e cultural que naceu para divulgar a música e poesía galego-portuguesas contemporáneas. Ano a ano vai  asentándose na axenda cultural galego-portuguesa.

A "abrumadora vitoria feminina" foi  seguida  por  un  auditorio  ao máximo da súa capacidade (600 persoas). Nunha  noite  con  actuacións  en directo e detalles inesperados, o público puido ver a Guadi Galego e Cláudia Pascoal recoller os galardóns vencellados á música.  A primeira levouno á mellor  canción  en  galego  por  "Cólicos" (ver letra) mentres que a segunda era seleccionada como merecedora do recoñecemento internacional por "Quase Dança" (ver letra).  Escoitar un resumo dos finalistas.   Artigo relacionado.

Día da Ciencia en Galicia - 2021

A homenaxeada este ano 2021 no Día da Ciencia en Galicia  (8 de outbro) foi a xenetista Jimena García de la Vega.

Powered by Drupal - Design by artinet