EDLG-GHAFOS

Curso 2019-20 - Experimentos feitos - Xogando coa Ciencia

Experimentos caseiros feitos polo alumnado de 4º, 5º e 6º do curso 2019/20

Debuxos de Maios

Marta de la Torre,  Alberto M.M,  Marta Lage e  Pilar Andión e Sofía M. Ver debuxos

Diferentes melodías de Maios

Entre elas está a de Pontevedra cidade coa representación do CEP Campolongo

Cantigas que falan da lingua

En homenaxe a lingua

que nas gorxas nos estala

guindamos estas cantigas

pra que non quede ignorada


Fala Maio, berra alto
para os rudos de oído
a lingua é desprezada
dende tempo moi antigo.

Chegaron os do barrete
cunha orde que cumprir
paremos ós do galego
que comeza a rexurdir

Con este designio a Lingua
agarda a defunción
para que morra contenta
lle piden a extrema-unción

E paseniño camiña
ao penal dos aforcados
con sufrimento e aldraxe
como nos tempos pasados

Din que farán todo novo
para que sexa moderno
á Lingua tamén lle toca
mandala para o inferno.

Powered by Drupal - Design by artinet