Skip to Content

Secretaria

documentos de interese

Uso simultáneo Abalarmóbil e Tokapp School

Bo día familias,
dende hoxe as comunicacións de centro serán enviadas de forma simultánea por tokapp e abalarmóbil polos seguintes motivos:
- Abalar móbil ten novas funcionalidades que queremos probar antes da vindeira renovación do contrato coa app Tokapp
- Algunha familia non recibe os Tokapp e desta forma aseguraríamos que a todos vos chegan os avisos.

Os que xa usades Tokapp e non tedes dificultades con el podedes seguir usándoo sen problema, non é preciso que teñades as dúas aplicacións descargadas,


Un saúdo e feliz día
Equipo directivo

Procedemento a seguir en caso de síntomatoloxía compatible

Bo día familias,

esta semana tivemos unha reunión coa nosa coordinadora COVID para resolver dúbidas en canto a funcionamento e organización do centro.

Enviamos unha modificación do procedemento a seguir en caso de síntomas compatibles, tamén estará colgada na páxina web do centro.

Para calquer consulta non dubidedes en contactar con nós,

Un saúdo

Equipo directivo

Documentación COVID

Bo día familias,

anexamos a seguinte documentación:

- Plan de adaptación COVID

- Plan de continxencia

- Plan de acollida

Un saúdo e feliz día

Equipo directivo

 

Cambio de teléfono COVID

Bo día familias,

Por problemas coa compañía de teléfono tivemos que cambiar o número de contacto COVID.

A partir de agora se tedes algunha incidencia e precisades poñervos en contacto con algún membrio do equipo COVID o teléfono será o seguinte: 633.200.849

Un saúdo e feliz fin de semana

 

 

Entrada ao centro

Bo día familias,

Tras a experiencia do primeiro día imos facer unha modificación nas entradas xa que de momento hai poucos usuarios de autobús e queremos evitar aglomeracións.

De momento a entrada ao centro quedará da seguinte maneira:

INFANTIL: porta principal.

1º, 2º e 3º de EP: entran pola mesma porta que o alumnado transportado. No recinto pola porta de autobús e ao centro pola lateral traseira.

4º, 5º e 6º de EP: entran no recinto pola porta de autobús e ao centro pola segunda porta lateral traseira.

Estaremos todos os mestres/as atentos para axudarlles.

As saídas manteranse da mesma forma: todo o alumnado que vai para casa sairá pola porta principal.

Un saúdo e moitas gracias

Reunións informativas

Queridas familias,

xa estamos de volta e toca enfrontarse a este curso tan complicado cheo de cambios. Entendemos a intranquilade que provoca esta situación e por iso convocamos reunións para todos os grupos o vindeiro luns 7 de setembro. Os horarios son os seguintes:

16.00h- Educación Infantil

17.00h- 1º, 2º e 3º de Educación Primaria

18.00h- 4º, 5º, e 6º de Educación Primaria

As familias que tedes varios fillxs podedes acudir a unha das titorías avisando aos profes previamente para que podamos organizar as reunións da mellor maneira posible.

Reunirémonos no patio exterior, gardando a distancia de seguridade e por suposto, todos/as levaremos máscara.

Só pode acudir un membro da familia de cada alumno/a e non poderá haber rapaciños. Con eles estamos desexando atoparnos o xoves e venres Sorriso

Un saúdo

Claustro de mestres

 

Escola de verán 2020 do Concello de Baiona

Bo día familias,

axuntamos información enviada polo CIM:

Pola presente informáselle que o Concello de Baiona, abre o prazo para solicitar praza para participar na Escola de Verán que se desenvolverá durante todo o mes de agosto no CPI COVA TERREÑA e no CEP de SABARÍS . Pódese presentar a solicitude dende o xoves 9 de xullo ata o luns 20 de xullo . As bases que rexen a convocatoria poden descargarse da páxina web do Concello ou solicitalas no enderezo electrónico concelleria.igualdade@baiona.org

 

Listaxe definitiva de libros de texto

Adxuntamos listaxe definitiva de libros de texto para o vindeiro curso 2020/2021

 

 

 

Novas datas de publicación da listaxe para a adquisición de libros de texto e material escolar

Estimadas familias,

debido a que a Consellería decidiu retrasar este luns o proceso de matrícula automático, ata o 1 de xullo non poderemos publicar a listaxe provisional para as axudas de libros de texto e material escolar.

Un saúdo

Equipo directivo

Distribuir contenido


by Dr. Radut