Bo día familias,
o estado de alarma no que vivimos dende o pasado 16 de febreiro vaise prorrogar, en principio, 15 días mais, polo que remataría o 11 de abril, voltando as aulas o día 13.
O claustro de mestres quéreves enviar todo o seu apoio, sendo conscientes de que non é unha situación sinxela para ninguén. Estamos en contacto con vós para calquera dúbida que teñades nos teléfonos do centro e cada titor/a seguerá manténdovos informados e enviando traballiños para os nenos/as durante todo este tempo.
Un bico moi especial para todos os nosos rapaciños/as, e por suposto, para vos.
Que non decaigan os ánimos e paciencia!