o alumnado de 3º e 5º de Primaria levan traballando un tempo a poesía galega, centrándose na súa declamación (ton de voz, entoación, sentimentos, xestos...). Hoxe compartimos con vós o enlace das dúas listas de reproducción onde podedes atopar os vídeos e gozar deles,
O xoves pasado viñeron Juan (o pai da nosa Sara de 3 anos), Baldo e Álex a falarlles ós nenos e nenas de Infantil e de 2º de Primaria sobre algún dos peixes que podemos atopar nas nosas mesas. Eran súper chulos e aprendemos moito!
O pasado venres 25 de outubro os alumnos de sexto, quinto, cuarto e segundo de primaria participamos na subida ó monte da Groba, coa guía do mestre Manolo, que nos ensinou e nos mostrou unha morea de cousas interesantes.
Aquí tedes un vídeo súper chulo do día, cortesía do profe Pablo. Que o gocedes!