Skip to Content

X12

Actividades dos nenos e nenas da Xeración 2012

Karaoke de "Eu quero ser coma ti"

Para ensaiar sen parar deixámosvos o karaoke da canción "Busca o máis vital" de "O libro da selva".

Grazas á profe Olalla pola letra!

MATEMÁTICAS: Suma ABN

O apoio das familais é fundamental para o éxito escolar.

Hai unhas semanas pequeno vídeo sobre a descomposición dun número en diferentes decenas produceu un avance importante nas estratexias de cálculo do alumnado de primeiro.

Agora tócalle o turno á Suma ABN. Para isto deixámosvos un vídeo de  5min sobre o proceso. Este vai servir tanto para reforzar as explicacións na propia aula cando algún neno ou nena o precise, como para reforzar nas casas, sobre todo agora mesmo que están comezando a facelo.

A idea é que todos cheguen a dominar o proceso sen problema.

 

Reunión da titoría de 1º coas familias

O pasado martes día 5 de Febreiro tivemos unha reunión da titoría de 1º coas familias. Estes son os temas que tratamos:

  1. Activación do blog de aula
  2. O traballo por recantos
  3. Actividades do recanto de matemáticas
  4. A nosa aula en Thatquiz.org
  5. Campionato de xadrez
  6. Presentación de Scratch
  7. O recanto de linguas
  8. Rúbrica de expresión oral
  9. Rúbrica dunha noticia
  10. Seguemento da lectura
  11. Proxecto de investigación en ciencias
  12. Pequenas anotacións sobre a atención á diversidade
  13. Temas relacionados coa obra de teatro "O libro da selva"
  14. Os video xogos Fortnite e Grand Theft Auto

Deixámosvos tamén a presentación en PDF por si fora do voso interese.

Karaoke de "Busca o máis vital"

Para ensaiar sen parar deixámosvos o karaoke da canción "Busca o máis vital" de "O libro da selva".

Grazas á profe Olalla pola letra!

Canción "Quero ser coma ti" con voz.

Unha vez máis, grazas ao traballo de Olalla, podemos disfrutar dunha versión profesional dun dos temas que imos cantar na obra de teatro de "O libro da selva": Quero ser coma ti.

Neste caso, a raíña mono Louie desexa dominar o lume porque é consciente da vantaxe evolutiva que lle daría.

Publicación do resparto de personaxes da obra de teatro "O libro da Selva"

Escoitados ós aspirantes e reunida a comisión de valoración artística decidimos e publicamos a asignación de personaxes para a obra teatral “O libro da selva”:

baloo

  • Narrador (Rudyard Kipling): Rodrigo
  • A Loba: Mara
  • A loba Aquila: Claudia
  • Lobiños: Diego e Saúl
  • O lobo Rama (pai): Kalani
  • A pantera Bagheera: Lucía
  • Mowgli: Noa
  • A serpe Kaa: GabrielR.
  • Elefante 1: Barreiro
  • Elefante 2: Leo
  • Elefante 3: Anxo Costas
  • Elefante 4: Piero
  • O coronel dos elefantes Hathi: Iker
  • O oso Baloo: Anxo Sotelo
  • Os monos: Manuel e Estífanos
  • A raíña mono Lovie: Laura
  • O tigre Shere Khan: David
  • A nena: Vera
  • Grupo Vocal (Cantantes): Simón, Iker, Mario, André, Iar, María, Uxía, Gael, Enma e Ana.

Belesar, 25 de Xaneiro de 2019

A comisión de valoración artística da obra
Paz, María, Ana Belén e Pablo.

Rúbrica de expresión oral

Traballar a oralidade na escola é fudamental en tódolos niveis, pero nos niveis máis baixos faise totalmente necesario debido ao  esforzo titánico que implica a codificación dun texto (escritura mecánica). O feito de que non sexan autónomos na escritura impide que o alumnado poida crear textos coa liberdade necesaria que precisa un proceso creativo como a creación dun discurso (texto). De aí a importancia da oralidade.

Para axudar a sistematizar o traballo relacionado coa expresión oral, ímonos a valer da seguinte rúbrica.

rubrica oral

O primeiro paso, para o que é de gran axuda a implicación das familias, é lograr que o alumnado identifique e comprenda cada un dos apartados: pronunciación, volume, postura e contido.

Na aula estamos a traballalo, pero existen múltiples formas para reforzalo nas casas:

  • Cando o alumnado nos conta unha historia podemos estar atentos a estes catro criterios para facerlle algún comentario constructivo.
  • Imprimir, comentar e ter presente uns días a rúbrica na casa.
  • Cando escoitamos falar a alguén que poida servir como modelo podemos comentalo para poñelo en valor.

En todas estas estratexias é fudamental darlle o protagonismo e a atención que merecen.

Canción "O máis vital" de O libro da Selva

Canción "Diferente" de Yo Soy Ratón

Proxecto de investigación: elección do tema

Na aula comezamos un proxecto de investigación coa finalidade de que o alumnado descubra a posibilidade de acceder ao coñecemento de xeito autónomo e organizado.

A primeira das tarefas foi decidir o tema a investigar coa premisa de que debía ser un animal. As propostas, debatidas en pequeno grupo e presentadas logo a todo o grupo, foro:

  • Mono, porque son graciosos.
  • Morcego, porque son raros.
  • Cobra, porque queremos estudar o seu veneno.
  • Camaleón, porque mudan de cor.
  • Oca, porque fai ruido.
  • Gato, porque pelexan cos cans.
  • Guepardo, porque corre moito.
  • Oso panda, porque está sempre tranquilo.

Votadas todas estas opcións, saíu elexido como tema de investigación "As cobras"

Distribuir contenido


by Dr. Radut