As alumnas e alumnos de cuarto de primaria levamos un tempo descubrindo o divertida que é a robótica, primeiro xogando con kits de Lego e, máis tarde, comezando xa a xogar cos mbots. Pronto seremos uns ases!
O apoio das familais é fundamental para o éxito escolar.
Hai unhas semanas pequeno vídeo sobre a descomposición dun número en diferentes decenas produceu un avance importante nas estratexias de cálculo do alumnado de primeiro.
Agora tócalle o turno á Suma ABN. Para isto deixámosvos un vídeo de 5min sobre o proceso. Este vai servir tanto para reforzar as explicacións na propia aula cando algún neno ou nena o precise, como para reforzar nas casas, sobre todo agora mesmo que están comezando a facelo.
A idea é que todos cheguen a dominar o proceso sen problema.