Skip to Content

escritura

Rúbrica de expresión oral

Traballar a oralidade na escola é fudamental en tódolos niveis, pero nos niveis máis baixos faise totalmente necesario debido ao  esforzo titánico que implica a codificación dun texto (escritura mecánica). O feito de que non sexan autónomos na escritura impide que o alumnado poida crear textos coa liberdade necesaria que precisa un proceso creativo como a creación dun discurso (texto). De aí a importancia da oralidade.

Para axudar a sistematizar o traballo relacionado coa expresión oral, ímonos a valer da seguinte rúbrica.

rubrica oral

O primeiro paso, para o que é de gran axuda a implicación das familias, é lograr que o alumnado identifique e comprenda cada un dos apartados: pronunciación, volume, postura e contido.

Na aula estamos a traballalo, pero existen múltiples formas para reforzalo nas casas:

  • Cando o alumnado nos conta unha historia podemos estar atentos a estes catro criterios para facerlle algún comentario constructivo.
  • Imprimir, comentar e ter presente uns días a rúbrica na casa.
  • Cando escoitamos falar a alguén que poida servir como modelo podemos comentalo para poñelo en valor.

En todas estas estratexias é fudamental darlle o protagonismo e a atención que merecen.

Canción "Diferente" de Yo Soy Ratón

Distribuir contenido


by Dr. Radut