Fase de reserva de prazas en centros de adscrición
De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o pasado día 16 de xaneiro de 2023 comezaron os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa. No noso caso o centro adscrito é o CPI Cova Terreña.
O prazo de solicitude abrangue do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos.
Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)