Convidámosvos a visitar o Centro Comercial Ramallosa do 16 ao 26 de Maio para gozar cos carteis feitos polos nenos dos diferentes colexios do Val Miñor, entre eles o colexio Ceip Belesar.
Durante o anterior trimestre, viaxamos por todo o mundo coñecendo os distintos continentes.
Os nenos e nenas de Belesar, puideron coñecer onde estiveran os seus compañeiros/as, mestres/as,..., Responderon as preguntas do recuncho e aqui estan os agasallos para os participantes.
O DÍA 31 DE MARZO TIVEMOS A VISITA DUNHAS CONTACONTOS MOI ESPECIAIS DE ESPAZO E LECTURA. CONTARON MOITAS COUSAS SOBRE O IMPORTANTE QUE É A AUGA NAS NOSAS VIDAS. LERON MOITOS CONTIÑOS E O PASAMOS MOI BEN.AQUÍ TEDES UN DEBUXIÑO DA CLASE DOS EXPLORADORES SOBRE O CICLO DA AUGA. MOITAS GRAZAS POLA VISITILLA. ATA PRONTO.
Pasiño a pasiño fixemos o camiño de Belesar durante o 1eiro trimestre. No recuncho de normalización puidemos desfrutar e aprender sobre o Camiño de Santiago, as súas rutas, famosos no camiño e fotos nosas dos diferentes camiños!! Aos que respostaron os quebracabezas démoslle un agasallo. No segundo trimestre traballaremos...GALEGOS POLO MUNDO!!!
Remata un ano e chega outro..por iso quixemos desexarlles aos nosos compañeiros e compañeiras o mellor para o vindeiro ano a través dunhas mensaxes nas súas clases.Desexos galegos de ledicia e mellora!
Co xogo do amig@ invisible, puidemos coñecer un pouco máis aos demáis.