Skip to Content

Camiños da memoria

Belesar Camiños da Memoria: Entrevista a Margarita Acevedo Misa, avoa de Lucía.

Laura e Lucía entrevistan a Margarita, partícipe da demanda veciñal que fixo realidade o cole de Belesar.

Entrevista a Moncho, o avó de Alba, sobre as abellas (Infantil 3-4 anos)

Os nenos e nenas de Infantil 3-4 anos entrevista a Moncho na súa faceta de apicultor. A entrevista enmárcase no Proxecto As Abellas que están a desenvolver dentro da aula.

Xa temos a primeira entrega. Gracias Angélica, Lola e Encira!

O alumnado de 6º de Primaria gozou do regalo destas tres primeiras protagonistas.

E recorda! Buscamos historias! 

 

Valmiñortv (11/12/2022): O colexio de Belesar na recuperación do vínculo xeracional

Hoxe era o xornal ValmiñorTV o que nos deu difusión para a busca de historias sucedidas en Belesar!

a

Faro de Vigo (09/12/2022): Se buscan abuelos con algo que contar en Belesar

O xornal Faro de Vigo faise eco da nosa busca de persoas maiores que nos conten historias!

Nota de prensa: O colexio de Belesar na recuperación do vínculo xeracional

Belesar, 21 de Novembro de 2022

Presentan o proxecto “Os camiños da memoria”

O colexio de Belesar en Baiona acaba de dar a coñecer o seu Proxecto Documental Integrado “Belesar, Camiños da memoria”. O seu obxectivo é vincular ao alumnado coas persoas maiores da contorna a través das súas historias, creando logo rutas polos lugares onde estas sucederon.

A primeira fase do proxecto, para a que acaban de lanzar un vídeo publicitario, consistirá en localizar persoas maiores dispostas a ser entrevistadas e gravadas en vídeo contando as súas historias e anécdotas da xuventude.

No centro estarán as próximas catro semanas publicitando o proxecto para captar o máximo número de historias posibles.

A iniciativa, dinamizada dende a biblioteca escolar e que vai ser levada a cabo polo alumnado, rematará coa creación dos “Camiños da memoria”. Estes serán diferentes rutas pola contorna de Belesar onde a persoa camiñante, a través de códigos QR, poderá visualizar co seu móvil aos protagonistas das historias que alí sucederon hai máis de 60 anos.

Ademáis, organizarán unha exposición co resultado do traballo realizado e completarán este traballo de recuperación do vinculo xeracional coa creación de cartéis con “consellos de vida”, onde aparecerán, ademáis, os nenos e nenas xunto coa persoa maior que regala ese consello.

Hitos do proxecto Camiños da Memoria

Rutas da memoria

Trátase de entrevistar a persoas de Belesar nadas antes do 1960 con historias que contar que sucederan en Belesar, tanto no ámbito urbano como na propia Serra da Groba. As historias poden ser de moi diversos tipos: tanto feitos relevantes para a sociedade como anécdotas persoais que ofrezan información sobre o tipo de vida en aqueles anos. 

As entrevistas, realizadas ben no centro educativo, no lugar onde se produciron as historias ou nas casas das persoas entrevistadas serán grabadas en vídeo e subidas á canle de Youtube do centro educativo.

​Coa xeolocalización das diferentes entrevistas crearanse rutas para facer a pé onde se poida acceder a estas historias a través de códigos QR que as pesoas camiñantes se irán atopando nos lugares onde sucederon as historias.

Exposición da memoria

Das entrevistas realizadas poderase extraer información de moi diverso tipo que, ampliada se fora necesario e organizada, poidan dar lugar a unha exposición no centro sobre a vida en Belesar e na Serra da groba hai máis de 60 anos. 

A propia exposición conterá o proceso de traballo utilizado para a realización das entrevistas.

Consellos de vida

​Os consellos de vida das peroas experimentadas foron sempre o motor principal da evolución humana. Primeiro de xeito oral, logo a través da escrita, o feito de poder acceder ao coñemento das xeracións pasadas e poñelo en valor ofrece unhas garantías a aquelas comunidades que deciden aproveitarse del.

Con "Consellos de vida" pretendemos realizar cartéis onde se o elemento central sexa o texto sintético do consello que unha persoa maior da nosa contorna lle regalou a algún dos nosos alumnos.

Belesar, camiños da memoria

 A historia comeza nunha pescadería

Calquera momento é bo para escoitar unha boa historia e sempre é de agradecer situarse no lugar axeitado para poder desfrutala. En ocasións esas historias piden a gritos ser compartidas e nesa nos atopamos no noso colexio.

O primeiro paso foi debatir e decidir a rasgos moi xerais a temática do Proxecto Documental Integrado que pretendiamos desenvolver. Acordado no claustro presentámolo ao Consello Escolar cun calendario fixado. A partir de aí, terán que ser os nenos e nenas os encargados de continualo.

A sociedade actual, entendida como sociedade global e postmoderna, resulta á súa vez fragmentada no seu ámbito máis local.

A este feito desgarrador contribúen moitos elementos. Entre eles a crise no tratamento de contidos humanísticos como a filosofía ou a literatura e á súa vez un auxe de contidos específicos e tecnicistas, que pola súa característica obsolescente (caduca) impiden o desenvolvemento de vínculos xeracionais locais onde os máis maiores poidan transmitir as súas propias experiencias ás xeracións máis novas.

O feito de que estes vínculos interxeracionais se atopen en especial crise dificulta o desenvolvemento dun sentimento de comunidade forte e resistente, preparado para facer fronte a discursos externos de moi diverso tipo que son perxudiciais para a construción da sociedade local: o pacifismo, a tolerancia ou a participación democrática social son valores que están sendo atacados e non se están a atopar unha resistencia suficientemente forte.

Con este proxecto documental integrado pretendemos investigar para actuar no entorno social máis local do propio centro. Transformando a información recollida en coñecemento a través da súa organización e difusión.

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut