Queridas familias e alumnado,
o vindeiro mércores 11 darán comezo ás clases no seu horario habitual. Como xa é tradición, o primeiro día levaremos a cabo unha actividade con todo o alumnado na que vós poderedes estar presentes. O horario será de 08.50 ás 11.20 aproximadamente, hora na que dará comezo o recreo e despedirémonos das familias.
Tamén gustaríanos informarvos de que as listas de material serán entregadas ao alumnado o 1º día de clase.
Feliz curso 2024/2025!
Equipo directivo