Skip to Content

Normalización

Benvidos e benvidas ao novo curso 2017-2018

Comezamos un novo curso cargado de novas e ilusións. Esta é a nosa benvida!

FESTA DA AUGA 2016

Démola benvida a nosa festa da auga 2016, con variados xogos acúaticos moi divertidos e rematamos coa gran batalla de auga entre os rapaces e as rapazas e os mestres e as mestras. Que ben nos sentou e como desfrutamos desta molladura coa calor que fixo. Foi estupenda como sempre e pasámolo xenial!!!

BELEHISTORIAS

Aquí tedes a 1ª edición das "Belehistorias"

Historias creadas en familia e ambientadas na nosa contorna

Moitas grazas a todas as familias participantes!

 

 

 

SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS 2016

Celebramos a Semana Cultural das Letras Galegas 2016, con diferentes actuacións, onde houbo dende representacións musicais, presentacións de libros e ata trucos de maxia, levadas a cabo polo alumnado do centro. Están feitos uns fenómenos. Noraboa rapaces e rapazas!!!!

Noraboa!!!
SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS 2016 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

SEMANA CULTURAL

OBRADOIRO DE PERCUSIÓN CON MATERIAL DE REFUGALLO

Durante esta semana imos ter varias actividades culturais. Unha delas fixémola hoxe. Todos os alumn@s do colexio participaron nun obradoiro de música, onde os instrumentos estaban feitos con material de refugallo.

AÍ VEN O MAIO

 Unha poesía de Curros Enríquez, cantada por Luis Emilio Batallán, que segue a manter a súa vixencia.

 

OS NOVOS GALIÑOS DE BELESAR NA RADIO GALEGA MÚSICA

OS NOVOS GALIÑOS DE BELESAR
Como sabedes, o pasado domingo, 13 de marzo, Os Galiños de Belesar estiveron na Radio Galega Música presentando a súa primeira gravación editada "Pequenos sons".
Aquí tedes o enlace ó programa "Lume na palleira" (a partires do minuto 11). 

A nosa sinceira noraboa!

http://www.crtvg.es/podcast_rg/0032/0032_20160313170000.mp3

Distribuir contenido


by Dr. Radut