Skip to Content

Normalización

Así celebramos o Día da Paz

O 30 de xaneiro foi o Día da Paz e Non Violencia e por iso entre todos os alumnos e profes do cole gravamos un vídeo aproveitando a música e letra da canción "De festa" de Uxía Lambona e a Banda Molona.

Ademais o alumnado de 5º de Primaria recitou a canción "No dudaría" de Antonio Flores.

Ordes do Meco

Bo día familias,

achégase o Entroido e o noso meco: "MECOVID" comeza hoxe a darnos instrucións para ir quentando motores durante a vindeira semana. Teremos que estar todos/as moi atentos/as para escoitar todo o que nos di.

O que si sabemos e que este curso as ordes van ser acumulativas e por se algún neno/a despístase...enviamos as ordes para cada día da semana.

Saúdos familias!

Equipo Dinamización

1º exposición virtual de cabazas

Bo día familias,

este ano a exposición de cabazas será virtual. Esperamos as vosas fotografías!

 

O libro da selva, musical

O alumnado de 1º e 2º de primaria interpretaron extraordinariamente o musical do Libro da Selva.

Foi un pracer compartilo con vós!

Noraboa!

Musical Bai de Grease

Aqui podedes ver a actuación do alumnado de 5º e 6º de primaria no Auditorio de Baiona.

Noraboa artistas! Grazas por todo!

Vivindo con Dinosaurios

Aqui tedes a superproducción do alumnado de tres anos...Vivindo con dinosaurios!!

Xogos último día de curso

O curso chegou ao seu fin e quixemos despedirnos con xogos organizados polos nenos e nenas de quinto de primaria. Con este video, despedímonos dun curso cheo de cousas novas, no que aprendimos un montón e gozamos no proceso.

O claustro de mestres e mestras deséxavos unhas felices vacacións.

Saúdos de Paio e Aurelio

Paio e Aurelio saudan ao alumnado do cole, polo seu video! Moitas grazas e a soñar cos contos!!

Revista O Balcón do Val Miñor 2019

Aqui temos a revista O Balcón do Val Miñor deste curso, cos artigos relacionados co cine realizados polo alumnado do centro e a maquetación da revista a cargo da mestra Olalla.

Quedou de cine! Noraboa!

Xogos populares no Val Miñor

O pasado venres tivemos as xornadas dos Xogos Populares organizadas polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega do Val Miñor. O alumnado de 4º de primaria, gozou cunha mañá chea de xogos e doutros compañeiros e compañeiras do Val Miñor.

Distribuir contenido


by Dr. Radut