Skip to Content

Normalización

ESA LUS, UNHA CANCIÓN PARA DÍAZ CASTRO

Unha melodía coñecida para uns versos por descubrir. A nova proposta do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz.

 

25 días de conta atrás para a estrea do Musical


Os nosos nenos e nenas do 3 ciclo, da man dos antigos alumnos que participan con nós e os Galiños de Belesar están preparando a estrea do Musical Valmiñor- Belesar, cronología de 25 anos.  En referencia ao novo disco do Miñorano Iván Ferreiro, Valmiñor-Belesar é un musical onde recolleremos os 25 anos de vida do colé e da música.
A estrea será o 5 de maio no Auditorio do Concello de Vigo. Despois actuarán o mércores 14 de maio no cole e o xoves 5 de xuño no Auditorio v Centenario en Baiona.

Moito ánimo a empuxe na recta final.

 

Felicidades Belesar

Alumnos , familias, mestres.. .felicitando ao cole polo seus 25 anos, preparando a festa que terá lugar do 13 ao 16 de maio do 2014.

Animádevos a mandar os vosos videos ao correo do cole ou traelo nun usb-

 

Curtametraxe Así preparamos e vivimos o Entroido

Os nenos e nenas de 5º poñen voz ao significado do Entroido, na nosa terra, no noso pobo de Belesar e no noso cole. Un percorrido polas vivenzas deste ano, para explicar como vivimos , sentimos e preparamos o

Entroido en Belesar.

ENTROIDO 2014

Este ano festexamos os 25 anos do colexio, por iso as nosas comparsas reflictiron acontecementos importantes destes últimos anos. Educación Infantil encargouse de lembrarnos a catástrofe do Prestige ao berro de "Chapapote non", o alumnado do 1º ciclo, coa súa comparsa "EuroBelesar" encheu o patio de cartos, o 2º ciclo desfilou deportivamente coma no "Barcelona '92" e os maiores do colexio deleitáronos coas súas cancións, lembrando 25 anos de música coa súa actuación "OT ou café".

 

 

DÍA DA PAZ

COMPARSA DE INFANTIL

A COMPARSA DE INFANTIL ÍA SOBRE O "PRESTIGE", UN PETROLEIRO QUE CASE NOS AFUNDE CON ÉL. ASÍ QUE NUNCA MÁIS OU...

CHAPAPOTE, NON!

 

Verbas doces

Hoxe, 14 de febreiro, en Belesar festexamos o día das personas que se queren moito. Para elo decidimos preparar uns doces con mensaxes de amizade e agarimo para os nosos compañeiros e compañeiras. Cada clase intercambiou con  outra os seus agasallos amorosos. Houbo batidos felices, magdalenas agarimosas, brochetas de dozura, rosquillas de amor, bombóns queridos...

Pasamos unha maña, de fortes ventos e chuvia pero regado con amor!!!

Un, dous, tres...comezamos as actuacións

Comezamos a xira de actuacións do musical. Primeira parada, o CEIP Ría de Vigo, na que o alumnado puido gozar da magnifica actuación dos nosos artista. Noraboa!!!

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut