Todo comezou nunha viaxe Comenius, cos nenos, querendo sumarnos a proposta de recitar o poema de Celso Emilio Ferreiro, no corazón de Roma, no Coliseo. Despois invitamos ás familias a que gravaran en Semana Santa un dos versos do poema, no lugar no que estivesen. O resultado este video, cos versos de Celso Emilio na boca dos alumnos e alumnas de Belesar.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
O equipo de Normalización e Dinamización Lingüística
A música en Belesar , chega os martes pola tarde, a man do Musical que estamos montando co alumnado de 5 e 6 de primaria. Despois de varios obradoiros , comezamos a montaxe que representaremos a final de curso. Aquí tedes un resumo.
Continuamos coa conmemoración da autora defensora do noso Idioma, Rosalía de Castro. Esta vez é Adios Ríós, adiós fontes interpretado en frauta polos alumnos e alumnas de 5 e 6º de primaria e cantada polo alumnado de 2º.
Grazas a Xaime que axudounos coa frauta e as mestras "Marías"!
Recitamos entre todos e con paixón un poema ben tristeiro de Canteres Gallegos de Rosalía de Castro. Celebramos así o 150 aniversario da publicación do libro que se considera como o fito do renacemento da nosa lingua.
Comezamos unha xornada de magosto facendo a ruta de senderismo que nos leva a Chan da Lagoa. 6 kilómetros saudables que nos abriron o apetito. Ao chegar ao campo , esperábannos os nenos e nenas de Infantil e 1º de primaria que prepararon o lugar para facer o lume. Castañas e outono, festexando a entrada da nova estación!
Benvidos nenos e nenas ao novo curso 2012-2013. Un ano cheo de sorpresas, novos proxectos e moitas aprendizaxes por descubrir. Este curso comezamos cos xogos cooperativos nos que intentamos que todos os nenos e nenas particpen nunha actividade cun obxectivo común. Cheas de forza para o novo curso, preaparados , listas, xa...