Responder ó comentario
QUEN SOMOS?
O CEIP Plurilingüe As Veigas (anteriormente denominado Nosa Señora dos Remedios) é un Colexio Público de Educación Infantil e Primaria, Plurilingüe e con Educación Dixital (Edixgal), que se atopa situado na Comarca do Condado, no sur da provincia de Pontevedra no Concello de Ponteareas.
Ponteareas limita con Salvaterra de Miño, O Porriño, Salceda de Caselas e Mondariz, e está situado a 26 quilómetros de Vigo.
O noso Colexio conta neste intre con seis unidades de E. Infantil e quince de E. Primaria e está situado no casco urbano da vila. Levamos unha longa traxectoria no mundo da educación, cumprindo fai pouco os 50 anos de ensinanza (1969-2019).