Responder ó comentario
SAMAÍN - HALLOWEEN
Meigas, cabazas, esqueletes, pantasmas, morcegos... o Samaín e o Halloween fixeron a súa aparición un ano máis no noso colexio, facendo as delicias dos máis pequenos.
Durante toda a semana, realizamos actividades relacionadas con estas dúas festas que están íntimamente ligadas, posto que o Halloween, ten a súa orixe na festividade celta do Samaín. ( xogos, cancións, festas de disfraces...)
Os nen@s trouxeron as súas cabazas decoradas e invadiron o colexio, que se converteu nunha auténtica casa do terror. Os corredores, a biblioteca, as clases... tódolos recantos da nosa escola eran escalofriantes...
O último día da semana, houbo un minifestival na hora do recreo no que os rapaces e as rapazas do terceiro ciclo interpretaron a canción de "Thriller" de Michael Jackson e representaron unha pequena obra de teatro. Asimesmo, @s do primeiro ciclo cantaron una canción titulada " Knock, knock, trick or treat".
Por outra banda, os alumn@s do 2º ciclo, elaboraron unas cestas de Halloween nas horas de Plástica das Seccións bilingües.
Esperamos que disfrutedes tanto coma nós vendo as fotos desta terrorífica semana!!