Blog A Pedra
TRABALLO DE INGLÉS PARA O ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA DA 3ª SEMANA:
Enviado por Marina Presas o Lun, 30/03/2020 - 12:59Bos días. As actividades para esta semana son:
Adxúntase a esta entrada un enlace co traballo para o alumnado de 3º de primaria para esta terceira semana de suspensión de clases. Son varios links con videos para repasar contidos e vocabulario esencial de uso diario.
https://docs.google.com/document/d/1o-CACEn8tuG4QbL-uiyuJdhSptKSE3rNJXO08wqYiGI/edit
A coidarse e moito ánimo!!
Un saúdo! Bye!!
TRABALLO DE INGLÉS PARA O ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA DA 3ª SEMANA:
Enviado por Marina Presas o Lun, 30/03/2020 - 12:52Bos días. As actividades para esta semana son:
Adxúntase a esta entrada un enlace co traballo para o alumnado de 2º de primaria para esta terceira semana de suspensión de clases. Son varios links con videos para repasar contidos e vocabulario esencial de uso diario.
https://docs.google.com/document/d/11EmBad79-nnRrjyYWSwuGv_AIML8Cqv_3iGHVI6dMPQ/edit
A coidarse e moito ánimo!!
Un saúdo! Bye!!
TRABALLO DE INGLÉS PARA O ALUMNADO DE INFANTIL
Enviado por Anónimo o Lun, 30/03/2020 - 07:22No seguinte enlace podedes atopar diferentes actividades para traballar estes días. Un saúdo!!!
https://docs.google.com/document/d/1kJF-CDW2DEfW1cKWIkeAdLXCxnym542Pz-XH...
TRABALLO DE INGLÉS PARA O ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA
Enviado por Anónimo o Lun, 30/03/2020 - 06:47No seguinte enlace podedes atopar diferentes actividades para traballar estes días. Un saúdo!!!
https://docs.google.com/document/d/1gyIlTzDYwMYy0Fu6xlCcuUTqLbUVpjOeRjv6...
ARTS & CRAFTS 1º
Enviado por Anónimo o Lun, 30/03/2020 - 06:41No seguinte enlace podedes atopar diferentes actividades para traballar estes días.
Un saúdo!!!
ACTIVIDADES PARA 1ºB(30 marzo-3 abril)
Enviado por Loli Carballo o Dom, 29/03/2020 - 23:10Ola familias!
Agradecemos a vosa responsabilidade e fortaleza para tratar de vencer esta situación. Déixovos un arquivo coas actividades da terceira semana.Espero que axiña nos poidamos ver de novo. Coidádevos e ánimo!
1ºA PRIMARIA
Enviado por Anónimo o Dom, 29/03/2020 - 22:58ACTIVIDADES 1º DE PRIMARIA
Adxunto a esta entrada un pdf coas actividades para a 3ª semana. Vémonos pronto campións e campioas! Coidádevos!
Saúdos e unha grande aperta. Un saúdo!
Dominga
POETAS DO REINO DA CORENTENA
Enviado por Amalia Omil o Dom, 29/03/2020 - 20:52
Este foi o poema que o alumnado de cuarto, traballou aproveitando que o 21 de marzo foi o Día da poesía.
Leo e Raúl, acompañdo polo seu irmán Diego e polo seu superavó Jaime, foron uns alumnos requetevalentse que se atreveron a recitalo. Pero o resto do alumnado tamén o fixo moi ben e emulando este poema do poeta chairego, fixéronlle estrofas á LÚA. No arquivo adxunto poderedes desfrutar das mesmas
ACTIVIDADES ESCOLARES PARA 2º DE PRIMARIA (3º semana)
Enviado por Blanco Rodrígue... o Dom, 29/03/2020 - 18:24Ola familias! Vai dar comezo a terceira semana de confinamento e os vosos fillos e fillas e os nosos alumnos e alumnas, pola información que temos, estannos dando unha gran lección de madurez e responsabilidade. Un gran aplauso para eles!
Nós, sentímonos moi satisfeitas do traballo que fixestes gravando os vídeos e os audios, é un pracer escoitalos!
Confiamos en que axiña todo volva a normalidade e voltemos ás aulas medrados en ánimo e fortaleza, mentras tento deixámosvos aquí as tarefas da 3º semana para ir facendo pouco a pouco e sen perder as gañas de aprender. Non dubidedes en poñervos en contacto con nós se o necesitades.
Grazas e unha aperta!
O ALUMNADO DE 2º DÁ LECCIÓNS SOBRE ANIMAIS: PEIXES, AVES, RÉPTILES e ANFIBIOS
Enviado por Blanco Rodrígue... o Ven, 27/03/2020 - 21:37Queda reflectida, nestes dous vídeos, unha actividade sobre os animais realizada polo alumnado de segundo de primaria en colaboración coas súas familias. Este traballo seviulles e serviunos, nestes días tan duros de confinamento, para aprender de xeito diferente, para estar entretidos e, sobre todo, para estar en constante comunicación cos nenos e nenas deste curso e tamén coas súas familias. Foi un pracer!
Esperamos que vos gusten e que pasedes un anaquiño divertido vendo o voso traballo e o dos vosos compañeiros e compañeiras. Seguimos en contacto!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- seguinte ›
- última »