Blog A Pedra
Proxecto Naturais " O NOSO CORPO" 3º
Enviado por Ana Cabaleiro o Sáb, 04/01/2020 - 16:29Neste primeiro proxecto de ciencias naturais de 3º puxémoslle o título "O NOSO CORPO".
A través de vídeos e lecturas fomos pouco a pouco aprendendo todos os aparatos do corpo humano, os seus ósos, músculos, órganos principais, as etapas da vida, os sentidos, articulacións...E así fomos completando o noso mural de aula. Unha das actividade que realizamos foi por equipos nun papel continúo grande, un dos membros púsoxe no chan e debuxaron a súa silueta para posteriormente ir pegando todos os órganos de corpo, que previamente colorearan e recortaran. Tamén nunhas cortolinas debuxamos os diferentes aparatos e con velcro eles podías montar e desmontar as difentes partes cos seus respectivos nomes.
Na aula de ciencias fomos a facer un experimento sobre OS SENTIDOS, cada equipo ía rotando e pasando por todos os recunhos para ir experimento os diferentes sentidos dunha forma lúdica.
Para repasar estes contidos elaboramos un PLICKERS na aula, na que cada alumno e alumna tiña que contestar as diferentes preguntas sobre o tema.
Na aula de informática repasamos todos estes contidos cos KAHOOTS, encántanos aprender xogando!
Continuamos coa alimentación, xa que para coidar o noso corpo temos que levar a cabo unha serie de hábitos saudables, entre eles unha dieta equilibrada. Outra actividade que realizaron por equipos foi que cada un encargouse de completar un escalón da pirámide, recortando os alimentos dos folletos de publicidade dos supermercados ata completar a pirámide alimentaria. Outra actividade foi completar a información que faltaba dun texto escoitando un vídeo sobre a pirámide alimentaria. Despois, indagaron para que servían os hidratos de carbono, a fibra, o calcio, as proteínas...buscando exemplos de alimentos na súa alimentación.
Finalmente, elaboraron un menú saudable.
Que divertido é traballar así, estamos aprendendo moito!
Como decía BENJAMIN FRANKLIN:
"Dime y lo olvido,
enséñame y lo recuerdo,
involúcrame y lo aprendo".
PROXECTO O UNIVERSO
Enviado por Ana Cabaleiro o Sáb, 04/01/2020 - 16:15Este primeiro trimestre comenzamos cun novo proxecto en ciencias sociais, O UNIVERSO. Como cada inicio de proxecto facemos unha sesión anotando todo o que sabemos sobre o tema escollido e o que queremos indagar sobre el.
Durante meses estivemos investigando a través de lecturas en lingua castelá e lingua galega todos os planetas. Tamén vimos un montón de vídeos sobre cada planeta, anotando as súas características e curiosidades e na biblioteca escoitamos e vimos un pequeno planetario móbil. Por outra banda, na aula de informática en parellas tamén indagamos sobre o planeta que nos tocaba e realizamos un montón de KAHOOTS sobre o universo para ir repasando a modo de xogo todo o que iamos aprendendo.
Da biblioteca do centro collimos un montón de libros para a nosa aula, tamén o alumnado trouxo libros da súa casa. Así compartimos diversas lecturas e aprendemos un montón de curiosidades.
Con cada lectura traballamos o vocabulario máis importante, aprendemos a subliñar aquela información máis relevante para posteriormente facer preguntas. Desta forma aprendemos a seleccionar os datos.
Para plasmar boa parte do que fomos aprendendo con este proxecto elaboramos un LIBRO DE LAPELAS, titulado O NOSO UNIVERSO.
Así foi o proceso do ben que o pasamos.
E CHEGOU O NADAL...
Enviado por Luisa Vidal Fraguas o Xov, 26/12/2019 - 13:28A nosa escola encheuse de festa e celebracións neste días. Cantamos panxoliñas e decoramos as aulas e corredores con manualidades feitas por nós.
Nestes enlaces pódese ver como celebraron os máis pequenos do cole estes días.
O último día de clase levaronse a cabo os OBRADOIROS DE NADAL en primaria, con moitas e diferentes actividades: musicais, artísticas, deportivas, de maxía, xogos en inglés...
Recibimos aos REIS MAGOS entonando as nosas voces e frautas.
Como remate de festa celebráronse merendas nas clases tendo en conta que este colexio é un centro respectuoso co medioambente e trata de producir residuos cero. Agradecemos ás familias o esforzo para acadar este obxectivo. O alumnado puxo nas mesas os biscoitos, galletas, magadalenas e pasteis que previamente fixeran nos seus fogares, evitando así plásticos e lixo.
Agradadecementos infinitos ás persoas que participaron para que este día resultase tan ben, e en especial, ás nais e pais que colaboraron con algún obradoiro, á ANPA por organizar a visita das súas maxestades os Reis Magos e ao Mago Ramón, por sorprendernos cada ano coa súa maxia.
FELICES FESTAS!
O ALUMNADO DE 4º REXISTRA O TEMPO NO ESPECTACULARMENTE CHUVIOSO MES DE NOVEMBRO
Enviado por Amalia Omil o Dom, 08/12/2019 - 20:22O alumnado de cuarto tivemos a sorte de rexistrar o tempo no pasado mes de novembro.
Cada día, antes de entar nas aulas, acudiamos á caseta meteorolóxica e apuntabamos os datos da temperatura do termómetro de máximas e mínimas, os datos da presión atmosférica do barómetro. Apuntabamos a porcentaxe de humidade que nos daba o hygrómetro e a cantidade de precipitacións que sacabamos do pluviómetro.
Cos datos recollidos elboramos un climograma:
Este foi o resultado final:
Durante o mes vivimos situacións extremas, como a chegada dunha borrasca procedente de Groenlandia que activou varias alertas en Galicia por ondas grandísimas, fortes ventos, elevadas precipitacións e salientable baixada de temperaturas , con neve no interior da comunidade. Xa máis avanzado o mes outra forte borrasca de nome "Cecilia" trouxo moitísimas precipitacións, que provocou o desbordamento de varios ríos e o que máis nos chamou unha amplitude térmica de só dous graos (Maxima 15º e mínima 13ª).
Aproveitamos para facer lecturas comprensivas sobre o tema, que gardamos no noso caderno de texto.
O mes rematou, e xa non somos nós que rexistra e acude á caseta pero seguimos interesados no tema. Cada día traemos novas sobre o tempo que vemos na tele, recollemos nos xornais ou observamos.
GUÍAS DE LECTURA + MÚSICA 2019
Enviado por Luisa Vidal Fraguas o Lun, 25/11/2019 - 19:56O venres, 22 de novembro, todo o alumnado do noso centro levou nas súas mochilas o tríptico coas novidades.
Este ano temos moito que agradacer á parella formada por Ana Valuja e Esteban Tarabelos. A Ana por facer, como cada ano, a montaxe e a Esteban por agasallarnos por tan fantástica ilustración. Moitos foron os nenos e nenas que recoñeceron os seus debuxos e recordaron con ilusión a bonita actividade que fixemos con el o pasado curso.
CELEBRANDO O MAGOSTO
Enviado por Luisa Vidal Fraguas o Lun, 25/11/2019 - 19:39Esta semana celebrouse a festa do Magosto no noso cole, primeiro para o alumnado de primaria, o martes 12, e despois para o de infantil, o venres 15 de novembro.
Esta é sen dúbida unha das festas favoritas deste centro porque ademais de degustar tan saboroso manxar, tradicionalmente, gozamos cos xogos populares organizados pola asociación Corredoiras de Bueu.
Non puido ser, nas dúas datas a chuvia non nos deu tregua. Así que tivemos que consolarnos con comer as castañas dentro das aulas e prescindir dos xogos.
Porén, non deixamos de realizar actividades en torno a este froito do outono.
Asemade fixéronse traballos plásticos:
Tamén se recitaron poesías, como a tantas veces recurrida de Manuel María:
Dende estas páxinas mandar o noso agradecemento á asociación Corredoiras, coa que esperamos contar de novo o próximo curso.
Tamén agradecer a Ramón e Martín por asar tan ben as castañas.
ANACOS DE VIDA NO COLE A PEDRA
Enviado por Luisa Vidal Fraguas o Lun, 11/11/2019 - 16:53O sábado 9 de novembro emitiuse na TVG o programa "ANACOS DE VIDA" no que participou alumnado do noso centro.
O programa gravouse en tres fases.
Na primeira parte os nenos/as contaron as historias que agochan esas fotos antigas e especiais que trouxeron á escola. O escenario foi a nosa biblioteca, fogar de Papirus.
Nunha segunda fase os rapaces/zas percorreron a vila de Bueu na procura de información sobre a foto misteriosa.
E xa para rematar puidemos subir á máquina do tempo que nos levou de paseo polo pobo.
Se non tivestes ocasión de ver o programa premede neste enlace porque aínda estades a tempo.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/bueu-4208085
Para máis información:
VISITA DO ALUMNADO DE CUARTO Á ETAP DE PONTEVEDRA E AO ENCORO DO PONTILLÓN DE CASTRO
Enviado por Amalia Omil o Lun, 11/11/2019 - 12:24O alumnado de cuarto visitamos, o pasado 23 de outubro, a estación de tratamento de auga potabilizada de Pontevedra.
A visita estaba programada dentro das actividades que sobre o proxecto da auga estamos realizando. O obxectivo era comprobar que pasa coa auga unha vez que é captada no río ou nos encoros.
Cristina foi a nosa guía e explicounos, con moitísima amabilidade, que unha vez captada, a auga pasa por procesos como a batedora lenta e rápida, a flotación, a filtración con area ou a decantación. Remátase o proceso engadíndolle cloro e almacenándoa para ser trasladada en tubarías ata os nosos fogares, colexios, ...
Aproveitamos tamén a saída para ir coñecer o encoro do Pontillón de Castro. Soubemos que só se capta auga deste encoro se o río Lérez leva pouca.
Rematamos o día, indo merendar ao parque dos sentidos de Marín:
Así, si que é divertido aprender!
VISITANDO PONTEVEDRA
Enviado por Anónimo o Mér, 06/11/2019 - 22:10Os alumnos e alumnas de 3º realizaron hoxe unha saída a Pontevedra que na que lles deu tempo de salvar o mundo e investigar obras de arte por todo o Museo Provincial.
En primeiro lugar asistiron a unha obra de teatro titulada Gaia na que, ademais de gozar coa danza contemporánea, repasaron algúns contidos dos que se están a traballar na clase: as características da Terra, os seus movementos, a atmosfera... Grazas aos nosos coñecementos descubrimos a clave para salvar o planeta: as 3R (reducir, reutilizar e reciclar).
E, como non, tamén tiveron un ratiño para recargar as pilas e para dar un breve paseo por Pontevedra.
Despois dese pequeno descanso tocoulles traballar un pouco máis, neste caso convertíndose en detectives da arte no museo. A verdade é que non se lles deu nada mal. Percorreron varias salas aprendendo sobre cadros, esculturas e xéneros artísticos.
Que ben o pasaron!
RADIO SAMAÍN NA PEDRA
Enviado por Luisa Vidal Fraguas o Ven, 01/11/2019 - 15:56A entrada do nosa escola encheuse de cabazas de todos os tamaños e cores.
Deseños incribles que reflicten a imaxinación e bo facer do noso alumnado e as suas familias.
Tamén falamos de supersticións no mural que decoramos entre todos/as.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- seguinte ›
- última »