blogue deBlanco Rodríguez Rosa
OS RÍOS DE GALICIA
Enviado por Blanco Rodrígue... o Sáb, 11/11/2023 - 20:25Debido a que novembro é o MES DA CIENCIA EN GALEGO, o venres 14 de novembro, o alumnado de 2º e 4º asistiu a unha charla obradoiro sobre os ríos de Galicia, explícaronlle a importancia de deixar libre de construcións as marxes dos ríos polos riscos de inundacións. As chuvias abundantes provocan as crecidas dos ríos e poden estragar todo o que atopan ao seu paso.
Foi moi interesante, os nenos e nenas estiveron moi atentos e participaron con moitas preguntas e outras intervencións. Fixeron tamén un pequeno experimento no que se podía observar o necesarias que son as raíces das árbores para manter suxeita a terra.
Como despedida, agasalláronnos cun imán, unhas tarxetas e un libro dos Bolechas que viven as súas aventuras nun río.
Aquí podedes ver algunha foto e un vídeo se premedes na imaxe.
AMADRIÑAMENTOS E APADRIÑAMENTOS LECTORES
Enviado por Blanco Rodrígue... o Xov, 26/10/2023 - 20:36Para celebrar o día das BIBLIOTECAS e o ANIVERSARIO DE PAPIRUS os nenos e nenas de 4º curso amadriñaron e apadriñaron aos máis pequenos de 2º curso, foi unha sesión moi bonita, daba gusto observar a conexión lectora que tiñan pequenos e grandes.
GRAZAS, COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS! Premede na imaxe para ver o vídeo.
Ademais, o alumnado agasallou a Papirus cuns bonitos debuxos que están decorando o corredor do Bibliocastelo.
INFORMACIÓN PRINCIPIO DE CURSO
Enviado por Blanco Rodrígue... o Mér, 20/09/2023 - 21:01FINAL DE CURSO
Enviado por Blanco Rodrígue... o Mér, 28/06/2023 - 22:00FINAL DE CURSO
O final de curso sempre é moi dinámico polas diversas actividades que se celebran na escola. Aquí quedan reflectidas algunhas.
O día 12 de xuño gozouse dunha xornada de xogos na praia da Banda do río.
O día 15 de xuño houbo baile con Bea Díaz no cole de infantil, foi unha actividade divertida que favoreceu a cohesión do grupo.
O 19 de xuño tivo lugar a entrega de premios aos gañadoresdo concurso QUE SABES DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO? que se celebrou durante todo o mes de maio.
O martes día 20 compartiron coa profe Laura unha sesión de xogos de mesa na biblioteca. Os equipos estaban formados por nenos e nenas de 1ºA e 1ºB, non gañou ninguén só houbo aprendizaxe e diversión.
Para rematar, celebrouse unha actividade que lles gustamoito: unha representación de TEATRO, todo o alumnado foi actor ou actriz e tamén espectador. Este foi un traballo compartido para poñerfin ao curso de 1º.
Despois do traballo, todo o alumnado de 1º compartiu a merenda na aula de 1º B.
Grazas a todo o noso alumnado e ata o vindeiro curso!
EL HEMATOCRÍTICO
Enviado por Blanco Rodrígue... o Mér, 28/06/2023 - 12:56EL HEMATOCRÍTICO
Os Reis Magos trouxéronlles aos nenos e nenas de 1º o libro Feliz Feroz, léronno na escola na “hora de ler” e encantoulles, gozaron das aventuras de Lobo e Lobiño, aprenderon vocabulario,degustaron receitas e realizarondinámicas cooperativascomo “Lapis ao centro” para demostrar o que sabían de “Feliz Feroz” e tamén un kahoot que lles resultou moi interesante e atractivo.
Para complementar este traballo de Feliz Feroz o día 30 de maio veu a escola El Hematocrítico, nin máis nin menos que o escritor do libro. Estivo con todo o alumnado de 1º na biblioteca, contoulles moitas cousas sobre os seus libros, faloulles da importancia de ler e escribir e mesmo debuxar pois sen o seu compañeiro e ilustrador Alberto Vázquez non podería crear libros como FELIZ FEROZ. Por último, todos levaron no seu libro como recordo do seu paso polo Bibliocastelo a sinatura e o selo de “El Hematocrítico”. Estivo moi ben a xuntanza con este escritor pois invitou ao alumnado a ler e tamén a traballar en equipo.
CORRELINGUA 2023
Enviado por Blanco Rodrígue... o Mér, 28/06/2023 - 12:37
DÍA DO CORRELINGUA
O 25 de maio xuntámonos en Moaña unha chea de colexios do Morrazo para percorrer a vila falando, cantando, berrando e bailando na nosa lingua, o galego. Estivo un día moi luminoso e de calor que nos permitiu na praza da vila lucir as palabras que decoraban o noso lombo, bailar e cantar co grupo As Monchas a canción “O oso do Caurel” que tanto nos gustou e sobre todo “MOLLARNOS" pola lingua. Foi unha xornada cansada, pero bonita.
LETRAS GALEGAS 2023
Enviado por Blanco Rodrígue... o Dom, 21/05/2023 - 18:59SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Durante este mes de maio o alumnado de 1º anda a participar nun concurso de preguntas co gallo de coñecer ao autor homenaxeado polas letras galegas, este ano Francisco Fernández del Riego, e os gañadores terán un agasallo. Ademais, para despertar o amor pola nosa lingua aprenderon o poema GALICIA de Manuel María e gravárono por equipos na radio da escola, foi a súa primeira experiencia cos micros e gustoulles. Quedou así!
Tamén o podedes escoitar no canal de podcast IVOOX do CEIP A PEDRA.
Tamén se pode escoitar e ver as ilustracións que fixeron os nenos e nenas do poema no seguinte vídeo, hai que clicar na imaxe de Manuel María.
VISITA AO MERCADO
Enviado por Blanco Rodrígue... o Mér, 12/04/2023 - 19:13O martes 21 de marzo o alumnado de 1º e 2º xunto coas súas mestras visitou o mercado de Bueu. Resultou ser unha visita moi didáctica e interesante porque os nenos e as nenas estiveron en contacto con produtos de cercanía e comprobaron de preto o delicado que é traballar cos alimentos. Os profesionais da praza atenderon moi ben todo o alumnado e lles ensinaron moitas cousas dos produtos que vendían e responderon amablemente as súas preguntas. Aquí quedan algunhas fotos da visita. Dende aquí queremos agradecerlle o seu esforzo e dedicación.
REUNIÓN FAMILIAS 2º TRIMESTRE
Enviado por Blanco Rodrígue... o Mar, 31/01/2023 - 18:44NADAL 2022
Enviado por Blanco Rodrígue... o Dom, 08/01/2023 - 20:33Para conmemorar o Nadal realizamos na última semana de decembro, antes das vacacións, unha chea de actividades:
Participamos na postal colaborativa da escola para adornar a entrada, fixémoslle unha visita as nosas profes do curso pasado no cole de infantil e tamén nas agasallamos cunha postal que creamos entre todos os nenos e nenas da clase…
Para rematar, o día 22 fíxemos uns obradoiros nos que participamos moi contentos porque esperabamos a visita dos Reis Magos. Realizamos unha paisaxe de inverno con plastilina na que nos axudaron papás e mamás de 1º e 2º, coa profe Marta coñecemos moitas cousas da lotería e xogamos a probar sorte, con Rosa a profe de lingua de signos aprendemos a signar moitos nomes de xogos e coa profe Marina practicamos un pouco de inglés…
Logo, moi cansos enchemos os bandullos cunha merenda compartida de sobremesas do Nadal, estaban boiiiisimas!
A continuación, no ximnasio e todos xuntos recibimos cantando panxoliñas as SSMM os Reis Magos que moi agarimosos nos agasallaron con lambetadas.
Así empezaron as vacacións do Nadal!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »