blogue deBlanco Rodríguez Rosa

ACTIVIDADES ESCOLARES PARA 2º DE PRIMARIA (3º semana)

Ola familias! Vai dar comezo a terceira semana de confinamento e os vosos fillos e fillas e os nosos alumnos e alumnas, pola información que temos, estannos dando unha gran lección de madurez e responsabilidade. Un gran aplauso para eles!

Nós, sentímonos moi satisfeitas do traballo que fixestes gravando os vídeos e os audios, é un  pracer escoitalos!

Confiamos en que axiña todo volva a normalidade e voltemos ás aulas medrados en ánimo e fortaleza, mentras tento deixámosvos aquí as tarefas da 3º semana para ir facendo pouco a pouco e sen perder as gañas de aprender. Non dubidedes en poñervos en contacto con nós se o necesitades.

Grazas e unha aperta!

O ALUMNADO DE 2º DÁ LECCIÓNS SOBRE ANIMAIS: PEIXES, AVES, RÉPTILES e ANFIBIOS

Queda reflectida, nestes dous vídeos, unha actividade sobre os animais realizada polo alumnado de segundo de primaria en colaboración coas súas familias. Este traballo seviulles e serviunos, nestes días tan duros de confinamento, para aprender de xeito diferente, para estar entretidos e, sobre todo, para estar en constante comunicación cos nenos e nenas deste curso e tamén coas súas familias. Foi un pracer!

Esperamos que vos gusten e que pasedes un anaquiño divertido vendo o voso traballo e o dos vosos compañeiros e compañeiras. Seguimos en contacto!

ACTIVIDADES ESCOLARES PARA 1º E 2º DE PRIMARIA

Ola nenos, nenas e familias!

Nestes momentos do curso, tan excepcionais e diferentes, sentímonos na obriga de poñernos en contacto con vós para enviarvos algunha actividade escolar e, sobre todo, achegarvos alento e moito ánimo para superar esta situación de aillamento e conseguir o reto <<QuedoNaCasa>>

Un abrazo moi agarimoso!

 

As vosas mestras e mestres

EDUCACIÓN FÍSICA

Deixamos nesta entrada as actividades que recomendamos para E.Física.

Bo exercicio! Saúdos

ACTIVIDADES 1º DE PRIMARIA

Adxuntamos a esta entrada en dous PDF o traballo para o alumnado de 1º de primaria.

Coidádevos!

Un saúdo!

TRABALLO ESCOLAR PARA REALIZAR O ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA CEIP PLURILINGÜE A PEDRA

No arquivo adxunto que acompaña a esta entrada  queda programado o traballo para o alumnado de 2º de primaria para realizar nesta primeira semana de corentena.

Ánimo e lembrade consultarnos todas as dúbidas  que teñades

nos seguintes correos.

 rosablanco@edu.xunta.es  ou mvalbu@edu.xunta.es

Saúdos!

 

 

PRESENTACIÓN 2º TRIMESTRE 1º e 2º

DESCUBRINDO A DIABETE

O venres día 7 de novembro o alumnado de 2º de primaria descubriu como era vivir coa enfermidade crónica: A diabete tipo 1.

Yolanda, a mamá da alumna Alba Hermelo Pousada de 2º A, contoulles que padecía a enfermidade dende os 18 anos e informounos de  moitas cousas sobre a  diabete:  cales son os síntomas da enfermidade, do mal funcionamento do páncreas no corpo, da insulina e a medida dos niveis de azucre. Tamén lles  ensinou os instrumentos que empregaba para ter a enfermidade controlada e onde se pinchaba a insulina. Ademais faloulles dos endocrinos que son os  médicos especialistas encargados da diabete e das crises de hipoglucemia e hiperglucemia e díxolles que sempre levaba azucre no bolso por se había algún problema.

Logo, explicoulles como curiosidade  que cando quixo ter a súa filla Alba o azucre no seu corpo debía estar moi ben controlado  e decidiu pasar de pincharse a insulina a levar unha bomba colocada sempre no abdome para que lle fora administrando a insulina pouco a pouco, e  así foi Yoli leva a bomba de insulina dende o 2010.

A continuación, mostroulles como medía o azucre e como colocaba a insulina dentro da bomba no seu propio corpo.

Por último, díxolles que convivir coa diabete é doado  se  vixías   os controis de azucre, se fas exercicio e coidas a alimentación.

Unha charla moi interesante para o alumnado que estiveron moi atentos e participaron con diversas preguntas.

Distribuir contido