CHARLAS PARA O ALUMNADO DE 2º CURSO

DESCUBRINDO A DIABETE

O venres día 7 de novembro o alumnado de 2º de primaria descubriu como era vivir coa enfermidade crónica: A diabete tipo 1.

Yolanda, a mamá da alumna Alba Hermelo Pousada de 2º A, contoulles que padecía a enfermidade dende os 18 anos e informounos de  moitas cousas sobre a  diabete:  cales son os síntomas da enfermidade, do mal funcionamento do páncreas no corpo, da insulina e a medida dos niveis de azucre. Tamén lles  ensinou os instrumentos que empregaba para ter a enfermidade controlada e onde se pinchaba a insulina. Ademais faloulles dos endocrinos que son os  médicos especialistas encargados da diabete e das crises de hipoglucemia e hiperglucemia e díxolles que sempre levaba azucre no bolso por se había algún problema.

Logo, explicoulles como curiosidade  que cando quixo ter a súa filla Alba o azucre no seu corpo debía estar moi ben controlado  e decidiu pasar de pincharse a insulina a levar unha bomba colocada sempre no abdome para que lle fora administrando a insulina pouco a pouco, e  así foi Yoli leva a bomba de insulina dende o 2010.

A continuación, mostroulles como medía o azucre e como colocaba a insulina dentro da bomba no seu propio corpo.

Por último, díxolles que convivir coa diabete é doado  se  vixías   os controis de azucre, se fas exercicio e coidas a alimentación.

Unha charla moi interesante para o alumnado que estiveron moi atentos e participaron con diversas preguntas.

Distribuir contido