blogue deBlanco Rodríguez Rosa
VIAXANDO POLO MUNDO COA IMAXINACIÓN
Enviado por Blanco Rodrígue... o Sáb, 16/05/2020 - 18:24Estimadas familias, rapaces e rapazas!
Deixámosvos nesta entrada os vosos traballos das viaxes imaxinarias que realizastes polo mundo adiante. Gozade das vosas presentacións e tamén das dos vosos compañeiros e compañeiras.
Se premedes na imaxe de "VIAXANDO POLO MUNDO" veredes a presentación do alumnado de 2º A e se premedes na imaxe de "VIAXANDO DENDE A CASA" veredes a presentación do alumnado de 2ºB.
Unha aperta das vosas profes!
TRABALLO PARA A TITORÍA DE 2ºA SEMANA 11-15 DE MAIO
Enviado por Blanco Rodrígue... o Dom, 10/05/2020 - 21:45Ola familias, rapaces e rapazas!
Informámosvos de que esta semana é a das LETRAS GALEGAS, o vindeiro domingo é o 17 de maio. Para celebrarlo, propoñémosvos algunhas tarefas para homenaxear a RICARDO CARVALHO CALERO e coñecer un chisco da súa vida e da súa obra, mesmo tedes un xogo para realizar en familia e seguro que vos gusta!
Deixámosvos nesta entrada o traballo da titoría e o das especialidades e ademais unha biografía de CARVALHO CALERO para que a teñades de man e a leades. Non cómpre que a imprimades.
Moita ánimo! Xa estamos avanzando.
O profesorado de 2º A
TRABALLO PARA A TITORÍA DE 2º A SEMANA 4-8 DE MAIO
Enviado por Blanco Rodrígue... o Dom, 03/05/2020 - 23:52Bos días rapaces, rapazas e familias!
Outra semana máis nos seguimos comunicando por este medio, pero cada día estamos máis preto de gañar a batalla ao virus que nos ten na casa sen poder ir a escola. Esta maneira de traballar é moi diferente á do cole, así e todo, tedes que mantervos animados e motivados para realizar estas tarefas que vos propoñemos. Os profes estamos moi contentos de saber de vós e dos vosos avances. Un saúdo!
Este é o enlace para poder ver os vídeos que realizastes de ciencias, están xenial!
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipapedra/?q=taxonomy/term/260
VÍDEOS DE INVESTIGACIÓN 2ºA E 2ºB
Enviado por Blanco Rodrígue... o Dom, 03/05/2020 - 16:18Rapaces, rapazas e familias desenvolvestes, en xeral, un gran labor de investigación e creación sobre plantas, medios de transporte, medios de comunicación e vivenda. As profes, con todas as vosas creacións, elaboramos uns vídeos conxuntos para que vexades e aprendades tanto dos vosos traballos como do dos vosos compañeiros e compañeiras. Gozade do voso esforzo!
PLANTAS 2ºB
PLANTAS 2ºA
MEDIOS DE COMUNICACIÓN
MEDIOS DE TRANSPORTE
OFICIOS
VIVENDA
TRABALLO PARA A TITORÍA DE 2º A
Enviado por Blanco Rodrígue... o Dom, 26/04/2020 - 21:27Ola rapaces, rapazas e familias!
Deixámosvos aquí o traballo da semana. Ánimo que os estades facendo moi ben!
Ao profesorado tamén nos é difícil esta situación e falando entre nós, chegamos a conclusión de queriamos achegarvos as tarefas dun xeito máis doado para que non vos perderades buscando polo blog. Entonces, a partires de agora, cada titoría colga na mesma entrada todas as tarefas recomendadas para a semana, tanto as dos especialistas como as da titora.
Lémbrovos que tamén hai un enlace na web do cole que leva a todas as entradas da TITORÍA 2º A
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipapedra/<ACTIVIDADES COVID> TITORÍA 2ªA
Seguimos en contacto e a por a segunda fase do confinamento, xa podedes saír a pasear un chisco.
Unha aperta!
ACTIVIDADES PARA 2º, SEGUNDA SEMANA-3º AVALIACIÓN
Enviado por Blanco Rodrígue... o Dom, 19/04/2020 - 20:37Ola rapaces, rapazas e familias! Seguimos en contacto nesta escola virtual, aínda que teña que ser por medio dalgunha tarefa. É moi difícil para todos, pero queremos pedirvos que fagades as tarefas amodiño e sen enfadarse.Tamén vos pedimos que nos enviedes as actividades de ENTREGA, gústanos velas! Temos que estar todos, non pode faltar ninguén!
Ánimo familias!
Un abrazo!
Traballo proba para 2º
Enviado por Blanco Rodrígue... o Mar, 14/04/2020 - 17:12liveworksheets.com
Podedes realizar este traballo e ao acabar darlle a terminado e enviarma
TRABALLO DE 2º PARA 1º SEMANA DO 3º TRIMESTRE
Enviado por Blanco Rodrígue... o Mar, 14/04/2020 - 10:38Ola rapaces, rapazas e familias!
Aquí vos deixamos algunha tarefa para esta semana. Xa sabemos que no é doado facelas así, pero seguro que estades aprendendo outras moitas cousas importantes tamén. Deixádevos axudar polas vosas familias e colaborade moito para pasar mellor o tempo e enchervos de experiencias que teredes que contarnos a volta.
Moitos biquiños! Facede as cousas amodiño para que vos saian mellor e vos sexan máis divertidas.
Ata pronto e non dubides en comunicarvos con nós.
As vosas profes!
RECITANDO POEMAS
Enviado por Blanco Rodrígue... o Sáb, 11/04/2020 - 15:07Ola rapaces, rapazas e familias!
Aquí vos deixamos neste pequeno vídeo a recopilación de poemas que nos fixestes chegar. Memorizar e recitar poemas e unha maneira divertida de entreterse e de mellorar a entoación e a pronuncia na lectura. Seguide así xa que un pracer escoitarvos! E se vos apetece podedes escribir algún comentario na entrada do blog para mater o contacto. Moitas grazas familias!
Un abrazo, as vosas mestras!
AUDIO-VÍDEO DE 2º CURSO E RECOMENDACIÓNS DE SEMANA
Enviado por Blanco Rodrígue... o Xov, 02/04/2020 - 20:48Ola familias!
Quedan nesta entrada dous audio-vídeos onde se recollen todos as lecturas do cómic EL LOBO Y EL CUERVO que os nosos alumnos e alumnas gravaron nas súas casas. Como se trata dun traballo de todos, queremos propoñervos que xoguedes a adiviñar que compañeiros ou compañeiras son os que están lendo, non tedes máis pistas ca súa voz. Ánimo e a xogar!
Ademais, queremos recodarvos que sigades facendo algunha cousiña neste tempo excepcional de "vacacións" polo que vos achegamos unhas recomendacións nun arquivo adxunto. Un abrazo para todos e todas e lembrade "QUEDONACASA"
As vosas profes!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »