O pasado 8 de marzo celebramos no cole, o "Día Internacional da Muller". Nesta ocasión cada curso traballou sobre unha muller pioneira galega:
Tedes as fotos e os vídeos das actuacións nas galerías. Podedes acceder dende os seguintes enlaces
Coma sempre despedímonos cunha pequena presentción da xornada.
O pasado venres, celebramos no cole o "Día de Rosalía". Nesta ocasión, baixo o lema "ABRINDO AS FIESTRAS A ..." e seguindo as indicacións dadas pola asociación de escritores en lingua galega, o alumnado do centro levou un poema de Rosalía para ler coas súas familias na casa e fecer unha fotografía que posteriormente colocamos nas fiestras.
O alumnado do centro, nas súas aulas e coa axuda dos seus respectivos titores, prepararon e ilustraron o poema "¡TERRA A NOSA!" do libro "Follas Novas". que, posteriormente, limos entre todos o venres na hora de ler.
Tedes as fotos e o vídeo nas súas respectivas galerías.
O Pasado venres, 9 de febreiro, celebramos a festa de "ENTROIDO". Este ano, dacordo, co PDI do centro, escollimos como temática "A robótica", máis concretamente "as novas tecnoloxías".
Comezamos cun desfile e a continuación coas actuacións do noso alumnado:
Infantil disfrazouse de "ROBOTS", primeiro e segundo fixo un repaso pola evolución da "TELEVISIÓN", terceiro recreou os amoríos co "MÓBIL", cuarto as aplicacións de "WINDOWS 10" e rematamos con quinto e sexto que fixeron unha crítica das redes sociais "WHATSAPP".
Rematamos cunha degustación dos produtos típicos da época aportados polas familias. Moitísimas grazas.
Tedes as fotos e os vídeos nas súas respectivas galerías e nos seguintes enlaces:
Rematamos cunha pequena presentación da xornada.
O pasado xoves 21 de decembro, celebramos no cole, o festibal de NADAL. Nesta ocasión, viaxamos no tempo, e celebramos o "NADAL A TRAVÉS DO TEMPO". o alumnado do centro fixo un percorrido polas distintas formas de celebrar o Nadal nas décadas dos 60, 70, 80, 90 e na actualidade.
Continuamos cun pequeno almorzo, onde o alumnado compartíu distintas golosinas típicas da época.
Rematamos coa visita dos paxes reais que repartiron chuches ao alumnado do centro.
FELICES FESTAS A TODOS.
Deixámosvos as fotos e os vídeos da xornada nos seguintes enlaces:
Coma sempre rematamos cunha pequena presentación da xornada.
Como todos os anos, o pasado venres 24 de novembro celebramos o "Día Internacional contra a Violencia de Xénero". Nesta ocasión alumnos/as de primeiro, segundo, terceiro e cuarto de primaria, representaron a obra "GUAPA".
Rematamos cantando "Flores, Tambores e ilusións".
Tedes as fotos e os vídeos nas súas respectivas galerías. Podedes acceder dende os seguintes enlaces:
Como sempre rematamos cunha pequena presentación da xornada.
O pasado martes 31 de outubro, despois do "SAMAIN", tivemos a celebración da "10ª FESTA DA FROITA AUTÓCTONA" e o "MAGOSTO".
Nesta ocasión mesturamos a tradición da froita e a modernidade da robótica.
Cada grupo de alumnos, dende infantil ata sexto de primaria, traballou unha froita e realizou unha pequena actuación.
Posteriormente procedimos a entrega dos premios as mellores cestas do 10 concurso de "cestas de froitas autóctonas" e os diplomas a todos os participantes. Temos que dar as grazas aos da Asociación AGFA, pola súa colaboración.
Despois procedimos a entrega dos agasallos a todos os participantes na expectacular "exposición de cabazas robóticas", presentadas polo alumnado do centro. Estes agasallos foron entregados por dous representates do Concello de Pontedeume e un representante do ANPA do centro.
Rematamos coa típica degustación dos doces elaborados polas familias e por suposto das castañas do magosto asadas polos membros da asociación AGFA.
Moitísimas grazas a todos ( alumnos, mestres, familias, AGFA, ANPA e Concello) pola vosa colaboración e axuda, sen vos isto non sería posible.
Tedes as fotos e os vídeos nas súas respectivas galerías. Tamén podedes acceder dende os seguintes enlaces:
Deixámosvos cunha pequena presentación da xornada.
O pasado martes 31 de outubro, celebramos no centro a festa do "SAMAIN". Nesta ocasión o alumnado de sexto, contounos a hsitoria desta celebración tan típica de Galicia.
A continuación procedimos a entrega dos premios aos mellores "contos de medo" e aos diplomas para todos os participantes. Noraboa a todos polos vosos traballos.
Finalizamos coa lectura dos contos gañadores.
Tedes as fotos e os vídeos nas súas respectivas galerías. Tamén podedes consultalos nos seguintes enlaces.
Coma sempre deixámosvos cunha pequena presentación da xornada.
Como en anos anteriores, o alumnado do noso centro participou nas "Eumeolimpiadas", organizadas polo Concello de Pontedeume. Isto representa unha boa ocasión para interactuar e convivir co resto do alumnado do concello, aínda que este ano participaron unicamente os centros públicos de Pontedeume.
Todo o alumnado participa nun xogo colectivo, que varía en función do curso participante (3º balontorre, 4º fútbol, 5º balonmán e 6º baloncesto) e varios individuais: pentasalto, circuito de habilidade, lanzamento de balón e carreira de relevos.
Rematamos a xornada cun "macroaeróbic".
Tedes as fotos das xornadas nos seguintes enlaces:
Coma sempre deixámosvos cunha pequena presentación das xornadas.