O pasado 16 de xuño, celebramos as GRADUACIÓNS dos alumnos de 6º de Infantil e 6º de Primaria.
En primeiro lugar o alumnado de infantil cantou a canción "Paco Papan".
A continuación todos os graduados, infantil e primaria, cantaron, en playback, aos seús pais/nais, a súa canción preferida.
O alumnado de 6º de primaria, en agradecemento as mestras e mestres que lle deron clase, ao longo de toda a súa etapa educativa, pronunciaron un pequeno pero emotivo discurso.
Posteriormente procedeuse a entrega de diplomas e orlas do alumnado de infantil.
A titora de 6º de primaria adicou unhas verbas aos graduados, para pasar a facer a entgrega de orlas e diplomas.
O alumnado de 6º interpretou co, piano e frauta a canción do "Hinmo da Alegría"
Unha nai de 6º de primaria, en representación de todos os pais/nais, pronunciou un discurso de agradecemento ao centro educativo.
Rematamos coa entrega de agasallos e a canción " A vindeira estación".
Coma sempre tedes as fotos e os vídeos da xornada nas súas respectivas galerías, tamén podedes acceder dende os seguintes enlaces. FOTOS VÍDEOS.
DESEXÁMOSVOS MOITA SORTE NA VOSA NOVA ETAPA.
O 17 de maio, celébrase o "Día das letras galegas", este ano adicadas a "Carlos Casares". No CEIP Plurilingüe de Andrade comezamos coas celebracións o mércores 16. O alumnado de 5º e 6º elaboraron unha presentación coa vida e obra do autor homenaxeado.
Tamén cantamos a canción "Chea de vida" de "Gaudi Gaelgo" e rematamos cantando o "Himno de Galicia".
O xoves 18 continuamos coas celebracións, nesta ocasión presentamos o comic "Comic san de Andrade", elaborado por todo o alumnado do centro. O comic foi eleborado en torno ao PDI do centro "HABITOS SAUDABLES".
O venres 23 de xuño, o alumnado de 5º e 6º de primaria, representou "AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS", obra de Carlos Casares. Tedes as fotos na galería de fotos: "AS LARANXAS MÁIS LARANXAS"
Tedes as fotos e os vídeos nas súas respectivas galerías. FOTOS VÍDEOS
Este ano, coma en anos anteriores, no cole, celebramos os maios. Nesta ocasión creamos un palleiro e unha alfombra floral.
A alfombra elaborámola, con motivos relacionados coa obra de Carlos Casares, escritor galego, a quen se lle dedica este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
O alumnado de infantil encargáronse de decorar "A galiña azul".
Os de primeiro realizaron "A formiga esquiadora".
O alumnado de segundo "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas".
Os de terceiro "O Galo de Antioquía".
O alumnado de cuarto, quinto e sexto encargáronse de rematar o resto da alfombra e de decorar "O palleiro".
Tedes as fotos e os vídeos nas galerías correspondentes: FOTOS VÍDEOS
Deixámosvos cunha pequena presentación da xornada.
O pasado 27 de abril, realizamos no centro unha nova xornada de "Apadriñamiento lector".
Comezamos entregando os diplomas aos mellores lectores e lectoras dos diferentes cursos, a continuación cada neno/a de 4º, 5º e 6º, facendo de "padriños lectores", compartiron as lecturas elixidas cos seus afillados.
Tedes as fotos e vídeos nas súas respectivas galerías: FOTOS VÍDEOS
Deixámosvos cunha pequena presentación da xornada.
O pasado xoves o alumnado de 3º e 4º de primaria, realizaron unha visita ao Concello de Miño, como continuación do programa "Coñece a túa contorna", iniciada en cursos anteriores coas visitas aos Concellos de Pontedeume e Vilarmaior.
Podedes atopar as fotos na galería de fotos ou no seguinte enlace: SAÍDA CONCELLO DE MIÑO
Este ano, no CEIP Plurilingüe de Andrade, celebramos o "Día de Rosalía de Castro" (24 de febreiro). Para esta ocasión, seguindo as directrices da AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), pedimos ao noso alumnado que gravase a unha persoa maior ( pai, nai, tía, tío, avó, avoa ou veciño/a) lendo un poema de Rosalía.
O pasado venres 7 de abril, presentamos os vídeos ao alumnado do centro. As fotos da xornada podedes atopalas na galería de fotos ou no seguinte enlace: fotos Rosalía
Dende o equipo de dinamización da Lingua Galega do centro, queremos agradecer as familias a súa participación e colaboración na gravación destes vídeos.
A continuación podedes disfrutar do resultado.
Co gallo da celebración do Día da muller traballadora (8 de marzo), o Equipo de Dinamización da Língua Galega decidiu invitar a mulleres relacionadas con profesións vinculadas ao Proxecto de Centro que este curso estamos desenvolvendo: "Vida saúdable".
Para comezar pensamos en alguén vínculada ao mundo do deporte.
O 31 de marzo contamos cunha muller que non só destacou facendo do deporte o eixe da súa vida se non que é unha muller loitadora pola igualdade, no fútbol profesional, entre homes e mulleres, "Marisa Villa".
Para máis información podedes consultar o blog de galego.
Tedes a vosa disposición as fotos e videos da xornada: FOTOS VÍDEOS
O pasado venres 24 de febreiro celebramos no cole o festival do Entroido. Este ano os nosos mecos viaxaron por todo o mundo, recollendo as tradicións dalguns dos paises máis importantes polos que pasaron. O noso alumnado recolleu esas tradicións e representounas e fermosos bailes que representaron no festival.
Despois das actuacións o alumnado e as súas familias degustaron as larpeiradas feitas polos nenos e as súas familias.
Rematamos coa exhibición dos zancudos aportados polo Concello de Pontedeume.
Tedes as fotos e vídeos nas súas respectivas galerias. FOTOS VÍDEOS.
Coma sempre rematamos cunha pequena presentación das actuacións.
Esta obra foi representada por representantes de todos os cursos, dende os máis pequeniños de 3 anos ata os de 6º de primaria.
Este ano celebramos no centro un "NADAL EN VALORES". cada grupo de alumnos traballou sobre un valor:
Ao rematar as actuacións o alumnado recibiu unha visita moi especial: os paxes dos reis magos, que repartiron ca
FELICES FESTAS.
Coma sempre tedes as imaxes e os vídeos nas súas respectivas galerías, podedes acceder dende os seguintes enlaces: FOTOS VÍDEOS
Deixámosvos cunha pequena presentacióndas diferentes actuacións.