Inicio de Sesión

Articles

25 N: Día contra a vilencia de xénero.

O pasado luns 26 de novembro, celebramos no cole o "DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO".

Nesta ocasión un grupo de nenas e nenos de quinto e sexto de primaria, adaptaron e representaron a obra "La princesa que quería escribir" , escrita por la Beatriz Berrocal Pérez e ilustrada por Daniel Montero Galán.

Podedes atopar as fotos e os vídeos nas seguintes enlaces:

FOTOS

VÍDEOS

Coma sempre rematamos cunha pequena presentación da xornada.

 

Charla David Arcay

Dentro do noso Proxecto "Frederick nas Fragas do Eume", contamos coa colaboración do tricampeón mundial de pesca sen morte, David Arcay.

David explicou ao noso alumnado de 4, 5 e 6 de primaria, como a pesca sen morte pode ser unha gran ferramenta para protexer os nosos espazos narturais.

Ao rematar a charla, o alumnado participou en un xogo onde se simulaba pesca con morte e sen morte, para que os nenos tomasen conciencia das vantaxes da pesca sen morte.

Tedes imaxes da xornada na galería de fotos: FOTOS.

Deixámosvos cunha pequena presentación da xornada.

 

INAUGURACIÓN DA BILIOTECA 2018-2019

O pasado 24 de outubro "Días das bibliotecas", a nosa mascota "RAIOTECA", presentounos ao seu amigo "Frederick", que lle axudará a coñecer ó parque natural "Fraga do Eume".

Para máis información: SOÑOS DE ANDEL.

Tedes so Vídeos e as Fotos nas súas respectivas galerías:

FOTOS

VÍDEOS

Deixámosvos cunha pequena presentación da xornada.

 

Convivencia final de curso 2018

O pasado luns 18 de xuño, realizamos, todo o alumnado do centro, unha xornada de convivencia.

Pola mañá, visitamos a Granxa do Canelo en Miño, onde ademais de visitar a granxa os nenos tiveron a oportunidade de realizar diferentes xogos e degustar batidos e xeados de diferentes sabores.

Posteriormente nas instalacións do centro, realizamos unha comida de convivencia todos xuntos e rematamos a xornada cunha sesión de xogos.

Tedes as fotos na galería de fotos:

FOTOS

Despedímosnos cunha pequena presentación da xornada.

 

GRADUACIÓNS 2018

Este ano como en anos anteriores, celebramos a graduación do alumnado de 6º de educación infantil e 6º de educación primaria.

O acto estivo presentado polo alumnado de 5º e tivemos diferentes actuacións tanto dos nenos de infantil como dos de primaria. O alumnado de 4º de primaria quiso despedir aos compañeiros de 6º cun baile.

Foi un acto moi emotivo, con entrega de agasallos por parte dos alumnos e de orlas por parte dos mestres titores.

Dende aquí queremos desexar moita sorte a todos, sobretodo ao alumnado de 6º, na súa nova etapa no IES.

Tedes as fotos e os vídeos nas súas respectivas galerías.

FOTOS

VÍDEOS.

Coma sempre rematamos cunha pequena presentación da xornada.

FELIZ VERÁN.

 

Letras Galegas 2018

Ao longo do mes de maio celebramos no cole o "Día das letras Galegas", adicadas este ano a Mª Victoria Moreno.

Tedes máis información no blogue de Normalización no seguinte enlace: LETRAS GALEGAS 2018

Tedes as fotos e os vídeos nas súas respectivas galerías.

FOTOS

VÍDEOS.

Despedímosnos cunha pequena presentación dos actos.

 

Día do libro 2018

Para celebrar o DÍA DO LIBRO, a nosa mascota Raioteca propón un xogo  que leva por título: "Adiviña quen son…"

Para máis información podedes consultar o blogue da biblioteca no seguinte enlace:

Día do libro

Tedes as imaxes e os vídeos nas súas respectivas galerías e podedes acceder dende os seguintes enlaces:

FOTOS

VÍDEOS

FELIZ DÍA DO LIBRO

 

Maios 2018

O luns día 30 de abril de 2018 celebramos os maios no centro. Este ano fixemos unha alfombra floral adicada a homenaxeada das Letras galegas 2018, Mª Victoria Moreno e seleccionamos imaxes relacionadas coa súa obra, o barco dos Arroás, o galo, as estrelas e a lúa e o can branco can negro.
Tedes as fotos e os vídeos nas súas respectivas galerías, temén podedes acceder dende os seguintes enlaces:
 
FOTOS
 
VÍDEOS
 
Coma sempre rematamos cunha pequena presentación da xornada.
 

Eumeolimpiadas 2018

Como en anos anteriores, o alumnado do noso centro participou nas "Eumeolimpiadas", xornadas polideportivas organizadas polo Concello de Pontedeume. Isto representa unha boa ocasión para interactuar e convivir co resto do alumnado do concello.

Todo o alumnado participa nun xogo colectivo, que varía en función do curso participante (3º balontorre, 4º fútbol, 5º balonmán e 6º baloncesto) e varios individuais: pentasalto, circuito de habilidade, lanzamento de balón e carreira de relevos.

 

Rematamos a xornada cun "macroaeróbic".

 

Tedes as fotos das xornadas nos seguintes enlaces:

 

TERCEIRO

 

CUARTO

 

QUINTO

 

SEXTO

 

Coma sempre deixámosvos cunha pequena presentación das xornadas.

 

Día da poesía 2018

O pasado 21 de marzo, celebramos no centro o "Día da Poesía".

RAIOTECA convocou un certame de poesía que levaba por título "A POESÍA E A TECNOLOXÍA".

O venres antes das vacacións iniciamos o recitado cun poema por curso, para continuar co resto a volta das vacacións.

RAIOTECA fixo entrega dun agasallo a todos os participantes. Parabéns.

Tedes as fotos e os vídeos da xornada nas respectivas galerías.

FOTOS

VÍDEOS

Rematamos cunha pequena presentación da xornada.