Inicio de Sesión

Articles

Exposición cabazas Samaín

Estimadas familias:

Queremos convidarvos a participar na exposición virtual de cabazas.

Aquí vos deixamos unhas instrucións moi sinxelas para que os/as nenos/as non deixen de expoñer este curso a súa tradicional cabaza de Samaín.

 

1.- Valeira a túa cabaza

2.- Decora como máis che guste

3.- Sácalle unha foto e envíalla á túa titora ou titor

 

Cabaza

Letras Galegas 2020: Narrando historias

Para acceder as historias premede na imaxe superior.

Letras Galegas 2020

Letras Galegas 2020

 

 

Premede na imaxe para acceder a información.

Abril: mes do libro

Mes das letras

 

 

Premendo no enlace anterior podedes ver as RECOMENDACIÓNS LECTORAS, publicadas no blog da biblioteca.

23 de abril: Día do libro

23 de abril: Día do libro

 

No blogue da biblioteca tedes unha proposta para festexar o día do libro.

 

ÁNIMO

Poesias Terceiro de Primaria

Premede nas imaxes para ver as presentacións

 

     

 

Terceiro

                    

  Terceiro 1    Terceiro 2          

 

 

 

 

8 de marzo. Día internacional da muller traballadora

O pasado venres 6 de marzo, celebramos no cole o "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA".

Nesta ocasión contamos coa presenza de "Paloma Rodríguez" autora do libro "O PAÍS DOS MANDÓNS".

Aproveitando esta visita é para celebrar o "día da muller traballadora", o alumnado de sexto de primaria, realizou unha lectura do libro "O país dos mandóns". As ilustraccións correron a cargo de todo o alumnado do centro.

Rematamos cunha entrevista, feita polo alumnado de quinto, a Paloma.

FELIZ DÍA DA MULLER.

FOTOS

VÍDEOS

Para máis información podedes consultar o blog da biblioteca.

Deixámosvos cunha pequena presentación da xornada.

 

Entroido 2020

O pasado venres 21 de febreiro, celebramos o festival de Entroido. Nesta ocasión, non houbo un tema determinado para elaborar os disfraces, o único requisito era que o disfraz fose reutilizado ou reciclado, nunca mercado.

Houbo unha ampla variedade de disfraces: vacas, submarinistas, astronautas, policias ecolóxicos, pezas de tetrix, roqueiros, cubos de rubik, emojis, princesas, tétricos, piratas, globos aerostáticos, pixamas, osos, medusas, dinosuros, ....  e non podía faltar " A CAPITANA VERDEMAN".

Rematamos cunha degustación de larpeiradas de Entroido aportadas polas familias.

Temos que agradecer as familias a súa colaboración, non só coas larpeiradas, senón na confección dos disfraces. GRAZAS.

O venres 28 de febreiro realizamos o "ENTERRO DOS MECOS".

FOTOS:

VÍDEOS.

 

 

Día da Paz 2020

Neste 30 de xaneiro, para conmemorar o día internacional do Día da Paz, Raioteca agasallounos cun libro espectacular escrito por Paula Merlán e Pilar  López Ávila e ilustrado por Concha Pasamar.

Cada curso preparou un papaventos , onde contaban os soños de diferentes nenos e nenas do Mundo: Exipto, Ucrania, Portugal, Amazonia, Madagascar, Haiti. 

Cada papaventos tiña os soños nas tres linguas: castelán, galego e inglés.

Tamén fixeron un papaventos cos soños da rapazada do noso colexio.

Abofé que foi todo un descubrimento este libro que está feito de Papel de Pedra.

Tedes as imaxes e os vídeos nas súas respectivas galerías:

FOTOS

VÍDEOS