Inicio de Sesión

FESTA DA FROITA 2017

O pasado martes 31 de outubro, despois do "SAMAIN", tivemos a celebración da "10ª FESTA DA FROITA AUTÓCTONA"  e o "MAGOSTO".

Nesta ocasión mesturamos a tradición da froita e a modernidade da robótica.

Cada grupo de alumnos, dende infantil ata sexto de primaria, traballou unha froita e realizou unha pequena actuación.

Posteriormente procedimos a entrega dos premios as mellores cestas do 10 concurso de "cestas de froitas autóctonas" e os diplomas a todos os participantes. Temos que dar as grazas aos da Asociación AGFA, pola súa colaboración.

Despois procedimos a entrega dos agasallos a todos os participantes na expectacular "exposición de cabazas robóticas", presentadas polo alumnado do centro. Estes agasallos foron entregados por dous representates do Concello de Pontedeume e un representante do ANPA  do centro.

Rematamos coa típica degustación dos doces elaborados polas familias e por suposto das castañas do magosto asadas polos membros da asociación AGFA.

Moitísimas grazas a todos ( alumnos, mestres, familias, AGFA, ANPA e Concello) pola vosa colaboración e axuda, sen vos isto non sería posible.

Tedes as fotos e os vídeos nas súas respectivas galerías. Tamén podedes acceder dende os seguintes enlaces:

FOTOS

VÍDEOS.

Deixámosvos cunha pequena presentación da xornada.