3.6. Accesibilidade web
De acordo coa normativa vixente, todos os materiais cumprirán, no momento da súa publicación, a normativa expresada na disposición adicional quinta, punto 1 («Accesibilidade para as persoas con discapacidade e de idade avanzada á información proporcionada por medios electrónicos») da Lei 34/2002, do 11de xullo, de servizo da sociedade da información e de comercio electrónico, modificada pola Lei 56/2007, do 28 de decembro, de medidas de impulso da sociedade da información, en canto á accesibilidade das páxinas das administracións públicas en Internet.
Normas básicas para facer accesible o curso:
- Definir correctamente os parágrafos.
- Definir os títulos ou encabezamentos de sección.
- Definir correctamente as listas.
- Texto alternativo ás imaxes.
- Ligazóns.
- Separar contidos de aparencia.
Información sobre Accesibilidade web nos Espazos de apoio (1)
Máis información e exemplos, no Espazo de apoio á CREACIÓN > Propiedade intelectual e Accesibilidade web > Accesibilidade web
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0