3.5. Atribución da propiedade intelectual
Os cursos Platega publícanse cunha licenza Creative Commons reservando os dereitos Atribución, Non comercial, Compartir igual: CC BY NC SA. Os recursos, propios e alleos, deben estar atribuídos aos seus autores e respectarán a súa licenza de propiedade intelectual. Os contidos que se empreguen nos cursos Platega deben ser compatible coa licenza CC BY NC SA. No cadro seguinte pódese comprobar esa compatibilidade entre a licenza do curso (fila superior) e a licenza de recursos alleos (columna lateral):
Obra derivada por A. Carracedo Dominio público da de Kennisland. Compatibilidades entre as licenzas Creative Commons. Dominio público
Polo tanto se a licenza do curso é CC BY NC SA os recursos alleos ou propios deben ter unha destas licenzas:
-
-
- Dominio Público
- CC BY
- CC BY NC
- CC BY NC SA
-
Fíxate que as licenzas con ND (non derivadas) NON son compatibles con ningunha outra, a pesar de ser Creative Commons. Os recursos que non teñan sinalada unha licenza determinada a Lei española de propiedade intelectual resérvalle de xeito automático todos os dereitos , é dicir © Copyright, co cal NON poden usarse.
Nalgúns casos podemos ampararnos no Dereito de cita e ilustración para educación e empregar recursos con dereitos reservados. Na licenza do curso documéntase isto, en [1] Dereito de cita
Atoparás algúns buscadores e bancos de imaxes, fotografías, clipart… das licenzas mencionadas na Mediateca dos cursos Platega (Bloque lateral esquerdo) na ligazón Imaxes e Clipart libres
Debe indicarse a licenza dos recursos, tanto alleos como propios, no seu pé ou nalgún sitio, como por exemplo a páxina “Atribución da propiedade intelectual das imaxes inseridas neste curso virtual” no módulo da licenza dos cursos Platega. En calquera caso debe manifestarse claramente a licenza dos recursos, citando ao seu autor ou autora, ligando a páxina de orixe do recurso e a licenza que ten, ligada ao seu texto legal.
Estas ligazóns ás licenzas máis frecuentes xa teñen a ligazón ao texto legal e feita a accesibilidade web. Para atribuír os recursos que empregues nos cursos virtuais, paquetes de contidos etc... copia e pega no pé dos ODE ou onde vaias facer a atribución a licenza que corresponda.
Máis información e exemplos, no Espazo de apoio á CREACIÓN de cursos > Info sobre Propiedade intelectual e Accesibilidade web > Dereitos de autor e atribución da propiedade intelectual
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0