Saltar navegación

2.1 Competencias profesionais

Competencias profesionais nos cursos Platega

Póster das competencias profesionais docentes.Crear un curso virtual é unha labor complexa, máis aínda cando se trata dun curso que se vai ofertar nunha plataforma de formación do profesorado que ten unhas directrices e especificacións concretas. Os cursos Platega teñen unhas características comúns que veñen definidas polas Directrices para crear cursos Platega e as Especificacións dun curso Platega (descarga nos Espazos de apoio > 1 Crear)

Estes cursos deben desenvolver as competencias profesionais docentes do profesorado de Galicia. Cada curso Platega elixirá como máximo dúas subcompetencias a partir das cales se establecerán os desempeños que deben adquirir os participantes no curso. Estes desempeños avaliaranse nas tarefas realizadas ao longo do curso mediante indicadores de logro. Estamos a dicir que un curso é responsable en solitario de que os participantes adquiran esas dúas subcompetencias? Evidentemente non, un curso Platega contribúen xunto con outras accións formativas ao desenvolvemento desas subcompetencias.

Os cursos Platega deberán contribuír, como non podía ser doutro xeito, a  adquisición das competencias profesionais. Para elo centraranse nun máximo de dúas subcompetencias para incrementar o seu desenvolvemento. Isto non obstaculiza que colateralmente se aborden outras subcompetencias profesionais. Por exemplo, a imaxe representa as subcompetencias traballadas nun curso Platega (representado pola figura laranxa) no que as dúas subcompetencias principais son a 17 e a 19 aínda que colateralmente afecta a outras, a 13, 24 e 25

Representación das subcompetencias profesionais dun curso Platega.
Dominio público

Así, o curso representado na figura contribuirá a desenvolver unha parte das subcompetencias 17 e 19 e outras accións formativas desenvolveran outros aspectos desas mesmas subcompetencias. Tamén contribúe, en menor medida á adquisición das outras tres subcompetencias. Ao rematar o curso Platega avaliarase a situación de cada participante respecto do adquirido nese curso mediante a escala "Inexistente-iniciada / En proceso / Conseguida / Excelente" referida aos aspectos das dúas subcompetencias principais.

Cada oferta formativa, baixo calquera dos formatos mencionados, contribuirá á adquisición das competencias profesionais, seguramente en diferente proporción e afectando a aspectos diferentes das subcompetencias. A avaliación global ou o nivel de adquisición ou dominio das ¿sub? ou ¿competencias? por unha profesora ou profesor ¿gradúase? de acordo coa escala Básico / Independente / Competente

Ter unha avaliación "Excelente" nunha subcompetencia profesional deste curso Platega non quere dicir que xa teña un nivel "Competente" nesa subcompetencia pois haberá aspectos delas non abordados neste curso e cómpre realizar outras accións formativas que a completen.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)