Saltar navegación

3.3. Calendario e secuenciación

A finalidade da secuenciación é establecer unha organización e ordenación das tarefas e dos contidos que asegure a conexión entre os obxectivos da formación e as actividades de aprendizaxe dos participantes. Ter unha secuenciación de, tarefas, interaccións, contidos... ben pensada pode garantir un índice de superación do curso moi alto, que é un dos indicadores do éxito dunha formación.

Algúns consellos que podes ter en conta:

  • Presenta os módulos nivelados en canto a tempo de adicación e nivel de dificultade.
  • Cada un dos elementos do curso (texto, audio, vídeo, tarefa, foro...) implica uns tempos de lectura, escoita, instalación, elaboración, redacción que debes estimar.
  • Debe existir unha progresión dos contidos dun módulo a outro de modo que se vaian acadando os obxectivos de cada un deles.
  • Evidentemente, ter un calendario establecido non impide aplicalo posteriormente coa flexibilidade que se precise en base ás necesidades concretas que xurdan con cada grupo de participantes.
  • A duración do curso estímase pola cantidade de horas necesarias para completalo a razón dunhas 5 horas á semana. Así, a duración dun curso
  • 30 horas → 6 semanas
  • 40 horas → 8 semanas
  • 50 horas → 10 semanas
  • 60 horas → 12 semanas

Nivelar os tempos implica que se deben distribuír as tarefas, os contidos, lecturas, vídeos, multimedias, actividades, tarefas… de xeito que con ese número de horas semanais sexa posible desenvolver o curso sen problemas.

O habitual é abrir os contidos aos participantes por módulos ou temas segundo a periodicidade establecida na guía do curso, é dicir, cada unha ou dúas ou tres semanas... amósanse novos contidos, actividades, tarefas… Por elo á hora de distribuílos farémolo de xeito que teñan coherencia didáctica, que cada módulo ou tema sexa unha “unidade” coherente.

Ademais, teñamos moi presente que a primeira semana do curso dedícase á presentación dos participantes e as actividades iniciais destinadas a familiarizarse ca aula virtual e co propio curso. Amais diso o modelo de curso que che proporcionamos e ao que deberás axustarte, conta con actividades. Amosaremos as tarefas e os contidos do primeiro módulo ou tema desde o día de apertura do curso aos participantes. A última semana adícase a facer a avaliación do proxecto ou das tarefas finais, a avaliación do curso, despedidas etc… Deste xeito da duración total debemos considerar esas dúas semanas e distribuír os contidos e actividades axeitadamente.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)