Saltar navegación

Texto alternativo nos ODEs

Infórmate

Alternativas ao contido visual e audiovisual.

Os elementos visuais deben levar un texto alternativo que describa esa imaxe. Aínda que a simple vista non vemos ningún cambio entre inserir a imaxe con ou sen texto alternativo, é importante poñelo pois si utilizamos un lector de pantalla ---unha persoa cega, por exemplo--- si notaremos a diferencia (nos describe a imaxe) ou tamén si utilizamos un navegador coa opción non descargar imáxes para que a descarga da página sexa máis rápida, xa que no lugar da imaxe descárgase o texto alternativo. Esta técnica é moi habitual en lugares onde non teñen unha boa conexión a internet.


Código HTML...

A inserción dunha imaxe realízase mediante o elemento autocontido <img>. Este elemento ten dous atributos que son obrigatorios:

  • src. Contén a ruta ao ficheiro de imaxe que se mostrará.
  • alt. Contén unha breve descrición da imaxe ou da súa funcionalidade. As alternativas textuais son descricións en forma de texto que cumpren unha función o máis equivalente posible á daqueles elementos aos cales describen.

Exemplo:

Imaxe con texto alternativo: <Img src="esquema.jpg" alt="O esquema presenta unha clasificación de animais dividida en cinco grupos: mamíferos,...">


 

Estudo de caso

O texto alternativo aparece nun recadro amarelo ao pasar o cursor do rato por riba da imaxe. Proba a facelo nesta imaxe.

Imaxe do alzado dun carro tradicional galegoAntonio Lomba. Alzado dun carro tradicional galego. En Banco de imaxes do INTEFCC BY-NC-SA

Actividade - Inserir texto alternativo ás imaxes en eXeLearning

Ícona das actividades

En eXeLearning, creamos un iDevice novo e:

  1. Inserimos unha imaxe colocándolle un texto alternativo (alt) en "Descripción da imaxe" e un "Título" (title).
  2. Pasamos o rato por riba dela, aparece o texto alternativo?.
Imaxe da ventá Insertar/editar Imaxe de eXeLearning. Sinálanse os recadros para o texto alternativo.
Texto alternativo ás imaxes en eXeLearning. Dominio público

Actividade

Ícona das actividades

Inserir texto alternativo ás imaxes en Moodle.

Inserimos, por exemplo, unha "Etiqueta":

  1. Na "Etiqueta", inserimos unha imaxe colocándolle un texto alternativo ("alt").
  2. Pasamos o rato por riba dela, aparece o texto alternativo? Proba nesta imaxe:
Imaxe da ventá Inserir imaxe de Moodle. Sinálase o recadro para o texto alternativo.
Texto alternativo ás imaxes en Moodle. Dominio público

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)